lunes, 29 de junio de 2015

Carta do Párroco


Queridos veciños:

 

Ao pasar a festa do Santísimo en Covas e as festas patronais de Ortoño pareceme oportuno dirixirme a todos para agradecer tantas cousas boas como coa axuda de Deus imos vivindo xuntos.



Camiño de flores para o Señor, Covas 21.06.2015

 

Entre todos construimos a Igrexa coa liturxia, a oración, a caridade, a catequese, o cuidado do patrimonio, e un largo etc; tanto en Covas como en Ortoño.

 

A vida parroquial de cualquer comunidade está formada por multitude de detalles que pasan desapercibidos moitas veces e que se fan visibles en días de festa. Desde esta perspectiva é o meu deber dicir:

gracias,

moitas gracias,

¡moitísimas gracias!

A TODOS



Camiño de flores para o Señor, Ortoño 25.06.2015

 

Desexándovos agora un feliz tempo de verán, de descanso ou de cambio de actividade recibide de corazón unha aperta de quen está aprendendo a ser cura cada día ao voso carón.

 

José Luis, cura de Ortoño e Covas.

No hay comentarios: