martes, 11 de diciembre de 2012

Bendición e Inauguración do Retablo da Peregrina


 

O Párroco de San Xoán de Ortoño
e a Xunta Directiva da Cofradía da Divina Peregrina
comprácense en invitar a todos/as os/as cofrades e a tódalas persoas de boa vontade á solemne inauguración do retablo que na honra da súa patrona presidirá a Capela do seu nome en Bertamiráns (Ortoño).
 
Domingo 16 de decembro
Capela da Peregrina ás 11 horas
TODOS INVITADOS

Ao remate desta misa abriráse a exposición do Cincuentenario desta asociación:
"Cofradía da Peregrina: Historia dunha devoción (1962-2012)".