Intencións das Misas
Luns 25:
• 18 h.: en Ortoño, NOVENA DE DIFUNTOS, DÍA 2º.
Martes 26:
• 18 h.: en Ortoño, NOVENA DE DIFUNTOS, DÍA 3º.
Mércores 27:
• 18 h.: en Ortoño, NOVENA DE DIFUNTOS, DÍA 4º.
Xoves 28:
• 18 h.: en Ortoño, NOVENA DE DIFUNTOS, DÍA 5º.
Venres 29:
• 18 h.: en Ortoño, NOVENA DE DIFUNTOS, DÍA 6º.
Sábado 30:
• 17,00 h.: Funeral de Aniversario de Castora Nieto Ortiz (6 meses).
• 18,00 h.: en Ortoño, NOVENA DE DIFUNTOS, DÍA 7º.
• 19,00 h.: en Bertamiráns.
Domingo 31 de OUTUBRO:
• 9,00 h.: en Ortoño, NOVENA DE ÁNIMAS, DÍA 8º.
• 11,00 h.: en Bertamiráns, polos cofrades defuntos da Peregrina.
• 12,15 h.: en Ortoño, por Vicente Mourelle e Carmen Abelleira; fillo, abuela e José Gómez.
Bautismo
O domingo 24 de outubro foi incorporada á Igrexa Católica na nosa comunidade parroquial a nena Paula Gaciño Dios. Parabéns á súa familia.
Matrimonio
O sábado 23 na igrexa parroquial casaron Iago Patiño e Mónica Agrafojo; veciños desta parroquia, para eles a nosa felicitación e os mellores desexos para esta nova familia.
Novena de Difuntos
HORARIO:
Os actos de culto comezarán todos os días ás 18 horas na igrexa parroquial de San Juan de Ortoño co rezo do Santo Rosario e a continuación a Eucaristía coa Novena de Ánimas, agás os domingos que será na misa das 9 horas. Confesións durante o Rosario e despois da Misa.
INTENCIÓNS:
Ás misas da Novena e o Acto de Ánimas aplicaránse por tódolos defuntos.
ACTO XERAL DE ÁNIMAS: día 2 de novembro ás 12 horas. Será presidido polo M. I. Sr. D. Leonardo Lemos Montanet, canónigo da Catedral de Santiago e Director do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas.
ADORACIÓN EUCARÍSTICA ESPECIAL:
Venres 29 de outubro dende ás 12 da mañá ata os actos da tarde. Intención xeral: por todos os defuntos. Intención particular: pola peregrinación de Benedicto XVI a Santiago o vindeiro 6 de novembro.
As persoas interesadas en cubrir algún dos turnos velando ó Santísimo poden anotarse na sacristía. Sería moi de agradecer que todo o tempo houbera dúas persoas coma mínimo.
NOVENA-ACTO DE ÁNIMAS E LIMPEZA CEMENTERIO: Agradecer desde estas liñas cordialmente a cantos xa fixestes a vosa aportación para a Novena, o Acto de Ánimas e sobre todo a LIMPEZA DO CEMENTERIO. A aportación para o servicio de limpeza do cementerio durante o ano recádase tamén nestas semanas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario