domingo, 26 de septiembre de 2010

Boletín Parroquial "O Sineiro", nº 144

Intencións das Misas:

Luns 27: San Vicente de Paúl.


• 19,30 h.: en Ortoño, por María Pilar González Reinoso.

• 20,30 h.: en Bertamiráns, por Minia Liñares Capeáns e por Prudencio Currais.

Martes 28:

• 19,30 h.: en Ortoño, polos defuntos de José Balsa e Florinda Rial.

• 20,30 h.: en Bertamiráns, ó Santísimo Sacramento, int. de María Torres.

Mércores 29: San Miguel, Gabriel e Rafael.

• 19,30 h.: en Ortoño, por Castora Nieto Ortiz.

• 20,30 h.: en Bertamiráns, por familia Álvarez Túñez.

Xoves 30: San Jerónimo.

• 19,30 h.: en Ortoño, por María Maside Garlit e a súa nai (int. da súa filla).

• 20,30 h.: en Bertamiráns, ás Benditas Ánimas do Purgatorio, int. de María Torres.

Venres 1:

19,30 h.: na Capela de Lapido, por Lino Barbeito Vilas, esposa Dolores Reino Salaño e demáis defuntos da familia.

• 20,30 h.: en Bertamiráns, por Amparo Esparís Freire.

Sábado 2:

• 19,30 h.: en Ortoño, por Ramón Álvarez Carril; por Carmen Capeáns, esposo e fillos; por Amalia Ameneiro Lata; por Manuel Rodríguez González.

• 20,30 h.: en Bertamiráns, por Emilio Camafeita Pena e Celia Rey Alfonsín; por Amalia Riaño; por Emilio Carballeira Cecía e Mercedes Paz Durán, int. da súa filla Severina.

Domingo 3 de OUTUBRO:

• 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.

• 11,00 h.: en Bertamiráns, por Genoveva García Quintáns, cofrade defunta da Peregrina.

• 12,15 h.: en Ortoño, por José Ameneiro e Amalia Arceo.

Matrimonio


O sábado 25 de setembro casaron na igrexa parroquial de San Xoán de Ortoño, Javier Eirís Pombo con María Montes Ortoño. Para eles os nosos parabéns.

Bautismos

O sábado 25 incorporouse á Igrexa Católica e a nosa comunidade de San Xoán de Ortoño a nena Daniela Flammini García e o domingo 26 fixérono Sara Mouriño Vázquez e Bruno Seoane Casal. A eles e ás súas familias:
¡¡¡Moitas felicidades!!!

Culto na Capela de Lapido

Aproveito este espazo para agradecer cordialmente a cantos participastes activamente na Novena e Festa da Merced de Lapido. O mencionar persoas córrese o risco de olvidar a alguén; pero creo que non debo deixar pasar a ocasión para amosar a miña gratitude a Comisión de Festas e a cantos colaboraron nos actos de culto dende o 9 ó 18 de setembro en tarefas de limpeza, orde, procesión, lecturas, liturxia, ornamentos, organista e canto, campás, monaguillo…e un largo etc.

A todos: ¡Moitas Gracias!

Pasada a festa celebrarase a misa alí unha vez ó mes. O día escollido irá aparecendo nesta folla parroquial sendo preferentemente o primeiro venres de cada mes. Así o faremos xa este venres día 1 de outubro rezando o rosario ás 19 horas e a misa a continuación.

No hay comentarios: