lunes, 5 de julio de 2010

¡Benvido!

Na tardiña do pasado sábado 26 de xuño, o Sr. Arcebispo de Santiago facía pública a nova do nomeamento como Párroco de S. Xoán de Ortoño do Rvdo. D. José Luis Dorelle Iglesias.

Natural de San Paio de A Estrada (Pontevedra), D. José Luis é sacerdote dende 2003, exercendo como profesor e formador do Seminario Menor de Santiago. Substitúe xa que logo, a D. Andrés López Calvo, destinado recentemente ás parroquias de Serantes, Maianca e Dorneda no coruñés concello de Oleiros.

Un elemento básico da noción de parroquia é a cura pastoral ou cura de almas propia do oficio de párroco, que se manifesta, principalmente, na predicación da Palabra de Deus, na administración dos sacramentos e na guía pastoral da comunidade. Na parroquia, ámbito da cura pastoral ordinaria, o párroco é o pastor propio da parroquia que se lle confía, e exerce a cura pastoral da súa comunidade baixo a autoridade do Bispo diocesano. No seu ministerio de Cristo está chamado a participar, para que nesa mesma comunidade cumpra as funcións de ensinar, santificar e rexer, coa coperación tamén doutros presbíteros ou diáconos, e coa axuda de fieis laicos.
Aínda que D. José Luis xa estivo presente e iniciando o seu servicio entre nós nestes últimos días, o vinderio domingo 11 de xullo, na Misa Parroquial de Ortoño ás 12,15 horas, recibirá institucionalmente o encargo de pastor da nosa comunidade, de mans de D. José Antonio Seoane Ares, Vicario Episcopal de Santiago.
Benvido D. José Luis, e que coa intercesión de S. Xoán Bautista, o noso patrón, poida facer desta Parroquia de Ortoño un pobo ben disposto para recibir ó Señor.
D. Andrés López Calvo,
párroco de Mera (Oleiros).

No hay comentarios: