O derradeiro párroco de Ortoño no século XVII foi Don Pedro Freire de Andrade que, como xa se indicou finou en 1704. Sucedeuno naquel mesmo ano Don Antonio Ignacio Seares. Non sabemos nada certo da súa procedencia pero, o máis seguro, é que nacera en Searez de Ames, posiblemente na familia dos García de Seares, que tamén saíron dese lugar os que, co tempo, acabarían emparentados coa familia materna de Rosalía de Castro.
Antonio Ignacio Seares entrou na parroquia no medio das obras de reconstrucción e alongamento da igrexa que el mesmo tivo que supervisar e rematar en 1719. Ademais deso, tamén obrou na Casa Rectoral cara ó ano 1712, aumentándolle toda a ala nordeste, a que se coñece como do penal. En 1727 repintouse o altar maior, que seguramente era o que a igrexa tiña xa no século XVII. Recuperadas as contas da Fábrica do déficit que supuxeron as obras da igrexa, en 1739 dispúxose a reconstruír a antiga sancristía, facendo a que coñecemos hoxe, o que supuxo outro gran descargo nas arcas parroquiais. Don Antonio Ignacio Seares estibo ó fronte da parroquia ata 1754 ano do seu pasamento. Durante os seus 50 anos de ministerio, rematou a reconstrucción da igrexa parroquial, o alongamento da casa rectoral, e moitas outras obras no interior do templo, de xeito que, do seu tempo con algunhas modificacións, ven sendo o actual aspecto do conxunto parroquial. Ademais desto Don Antonio foi un espléndido mecenas e protector parroquial, pois dooulle varias pezas de prata sobredourada como son un viril, un cáliz, un copón, candelabros..., e as imaxes de 7 santos entre as que están o San Xoán que sae nas procesións, e a Nosa Señora co neno en brazos. Todo este patrimonio e outras melloras seguramente foron a cargo das rendas que a el lle correspondían polo beneficio parroquial, das que non dubidou en dispoñer delas en pro do beneficio da comunidade.
Á morte de Don Antonio Ignacio Seares, toma o relevo un ecónomo ou administrador que o foi Don Andrés Montero Fernández, que continuou as melloras na igrexa, reconstruíndo dous altares colaterais e dotándoos coas súas correspondentes imaxes.
Don Andrés logo de cinco anos de estadía foi substituído por un novo párroco que aínda non fora ordenado de sacerdote, polo que tiña que pagarlle a outros curas para que oficiasen por el. Chamábase Don Simón Antonio de Lago. Nacera o 28 de outubro de 1729 en Santiago. Era fillo de Manuel Antonio de Lago e Ana María López de Neira, posiblemente burgueses composteláns dedicados ó comercio. Tiña Don Simón unha irmá chamada Nicolasa casada con outro comerciante de Santiago de nome Simón Piñeiro, os que pasaban tempadas vivindo con el na Rectoral de Ortoño e máis co seu fillo Benito Piñeiro. Este Benito, na década de 1770, ordenouse de prima tonsura, se cadra coa intención de suceder ó seu tío como Párroco de Ortoño. Pero a familia trocou o rumbo de Benito diante da posibilidade de non ter máis descendencia. Desta forma, na década dos 80, Benito contrae matrimonio en Pontevedra con María Cayetana Fernández Cordero, filla de Ambrosio Fernández Bueno e Francisca Cordero, familia moi acomodada que mantiña de boa amizade con membros da aristocracia da cidade do Lérez como os Gago e os Romero de Leis, os Marqueses de Leis, os que, por herdanza tiñan moitos bens en Ortoño, principalmente en Bertamiráns. Deste xeito o sobriño do cura de Ortoño puido facer casa en Ortoño, concretamente no Agro da Murada de Fora en Bertamiráns, chegando ata hoxe como o Pazo da Peregrina. Don Simón Antonio de Lago morreu en 1797, despois de 38 anos de ministerio na Parroquia. Fixo algunhas obras no cruceiro da igrexa, e tamén na casa rectoral, concretamente a balconada e o pombal.
(L.V.B.)

No hay comentarios:
Publicar un comentario