miércoles, 9 de junio de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" nº 129

Intencións das Misas

Luns 14:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por América Abet Varela e esposo.
Martes 15:
· 19,30 h.: en Ortoño, Inicia a Novena ó Santo Patrón, a intención dos seus devotos.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por José Abet Martínez, esposa e fillos.
Mércores 16:
· 19,30 h.: en Ortoño, Novena a San Xoán Bautista. Día 2º.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos de Eduardo Rey e Carmen García.
Xoves 17:
· 19,30 h.: en Ortoño, Novena a San Xoán Bautista. Día 3º.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Julia Martínez Berea, a int. do Voluntariado de Cáritas Parroquial.
Venres 18:
· 19,30 h.: en Ortoño, Novena a San Xoán Bautista. Día 4º.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Bárcena González.
Sábado 19:
· 19,30 h.: en Ortoño, Novena a San Xoán Bautista. Día 5º.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Juan Carlos García Nieto e Eusebio Jallas Nieto; por José Javier Autrán García, avoa Manuela e defuntos da familia; á Virxe Peregrina, int. de Dolores García Pérez e familia; á Virxe Peregrina, int. de Pilar Casal; á Virxe Peregrina, int. de Manuel Nieto Paramós; por José Gato Lago e esposa Manuela Beade López.
Domingo 20 (XII do Tempo Ordinario):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Dolores Capeáns Garabán.
· 12,15 h.: en Ortoño, Novena a San Xoán Bautista. Día 6º.

Cáritas

A colecta das misa do pasado primeiro fin de semana de mes, ascendeu a 914,00.-€ ¡Moitas grazas!

Proclamas

Queren contraer matrimonio canónico: Félix Bouzas Fernández, natural de Bugallido e veciño da nosa parroquia, con Isabel Serramito Veiga, natural e veciña de Brión; Javier García Pumar, de Santiago de Compostela, con Sandra Maceira Castro, natural e veciña da nos Parroquia.

Novena ó Patrón

Dará inicio o martes 15, na igrexa parroquial. Ás sete da tarde rezo do Santo Rosario; ás sete e media, Misa e Preces da Novena; ó remate canto do himno ó Santo Patrón, tódolos días aplicada a intención dos seus devotos.

Profesores de Relixión

Os docentes de Ensinanza Relixiosa Escolar da contorna manterán unha xuntanza de traballo o venres 18 ás sete e media da tarde na Casa Rectoral.

No hay comentarios: