miércoles, 11 de noviembre de 2020

Volver á Catequese: AVISO IMPORTANTE FAMILIAS

 

A Xunta publicou onte (10 de novembro) unha modificación sobre o aforo dos lugares de culto: isto fainos tomar as medidas que poden verse na seguinte imaxe. Agradécese as familias dos nenos/as da Catequese a comprensión e colaboración para a boa marcha destas medidas. 




O 10 de novembro o Diario Oficial de Galicia publicou o Decreto 181/2020 que modifica o decreto 179/2020 de 4 de novembro, no relativo ás “limitacións á permanencia de persoas en lugares de culto”.

Esta nova redacción literalmente di:

«Terceiro. Limitacións á permanencia de persoas en lugares de culto

1.   Na Comunidade Autónoma de Galicia a asistencia a lugares de culto non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade, e deberase garantir, en todo caso, o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas asistentes. A capacidade máxima deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.

Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.

2.   A asistencia a lugares de culto, nas condicións establecidas no número anterior, non poderá superar o terzo da súa capacidade nos concellos enumerados nos números 1 e 2 do punto primeiro deste decreto.

3.   Deberán establecerse medidas para ordenar e controlar as entradas e saídas aos lugares de culto para evitar aglomeracións e situacións que non permitan cumprir coa distancia de seguridade.

4.   As limitacións previstas nos números anteriores non poderán afectar en ningún caso o exercicio privado e individual da liberdade relixiosa».

Polo que desde hoxe, o aforo dos lugares de culto queda do seguinte xeito:

·         Nos Concellos sen restricións: 50 % do aforo.

·         Nos Concellos con restricións: 33 % do aforo.

Esta medida segue en vigor ata as 15.00 h. do 4 de decembro, agás que sexan modificadas polas autoridades sanitarias.




No hay comentarios: