Catequese
► Se a
catequese se desenvolve en locais similares a aulas escolares, os grupos
da catequese quedan reducidos a cinco catequizandos máis ola catequista
> Se a catequese se desenvolve no templo parroquial pódese:
a) Dividir aos catequizandos en varios grupos de cinco.
Os membros de cada grupo deben manter a distancia de 1,5 m. E
os grupos entre si unha separación de 3 m. En calquera caso nunca se pode
superar o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida para o templo. Se
o templo ten un corredor central ola catequista pode situarse nese corredor e
impartir catequese para dous grupos, un situado na ringleira dereita e outro na
esquerda; se hai máis de dous grupos, esa mesma distribución pódese repetir con
outros catequistas ata completar a
capacidade da igrexa. b) Realizar unha catequese conxunta
para todos.
Neste caso os catequizandos deben manter entre eles a distancia
1,5 m. Nunca se debe superar o cincuenta por cento da capacidade máxima
permitida para o templo.
(A norma é similar para bibliotecas, salas de
exposicións, monumentos e equipamentos culturais).
No hay comentarios:
Publicar un comentario