Só existe un fracaso:
Rendirse antes de ter
conseguido algo.
Clémenceau
23, 24 e 25 de xuño. Festas na
Parroquia
Todos necesitamos recargar as pilas a diario
dedicando unhas horas ao sono. Tamén hai que recargalas semanalmente e, por iso,
convén ter afeccións como a música, o deporte, a lectura ou a arte. E incluso
fai falta un descanso anual, as vacacións.
Ademais do dito ata aquí, é moi bo dispór de
momentos nos que poder crear e recrearse como veciños e amigos: ¡construíndo xuntos!
Veñen de cumprirse os cen anos de que párroco e
veciños se xuntaran para renovar o teito interior da igrexa substituíndo as
vellas trabes,
que non ofrecían seguridade, pola nova bóveda de cemento e ladrillos actual que,
polas súas diferenzas de seguro, foi o orgullo de todo o pobo naquel intre.
Como recordo quedou anotado no arquivo que entre todos xuntaron 6.041
pesetas, e coas 1.102,50 que xa tiñan previamente, puideron investir 7.143,50
pesetas nesta obra que tras un século nos cobixa. O San Xoán de 1919 celebrouse
xa coa igrexa arranxada.
Quixera aproveitar este mes para animarvos a
compartir estas festas nas que a Parroquia pon o mellor de sí mesma. Moitas mans contribúen a facer un camiño de
flores para o Santísimo Sacramento ou traballan para sacar adiante os
demais actos, para eles: GRACIAS.
As festas son un
fermento de fraternidade. Necesitados estamos desa irmandade e deste esforzo en común como
veciñanza, comunidade e pobo. Moitas grazas aos que achegades pola sancristía
ou noutros lugares as vosas aportacións para as celebracións relixiosas. Todo
repercute na parroquia. GRACIAS.
Felicitación para a Veciñanza e Comisión de Festas pola súa ilusión e
traballo feito con xenerosidade.
Desexando saudarvos personalmente neste fogar da Fe
na Maía, recibide unha aperta de
José Luis Dorelle
Iglesias
Párroco de Ortoño
No hay comentarios:
Publicar un comentario