miércoles, 8 de agosto de 2018

Corona nueva para la Virgen de la Merced


Boceto para unha coroa nova
para a Virxe da Merced
na Capela de Lapido (Ortoño)

Con motivo dos 800 anos da aparición da Virxe da Mercé en Barcelona (1218-2018) proponse a cantos queiran colaborar facerlle un regalo á Virxe da Mercé na súa Capela que a parroquia de Ortoño ten no lugar de Lapido. 

Tras varias consideracións tense acordado regalarlle á Virxe da Mercé unha coroa nova de plata -según o boceto que aquí pode verse- duns 800 gramos aproximadamente. Coa finalidade de que sexa unha obra de cantos queiran colaborar poden achegarse pezas de plata á Capilla de Lapido ou ao Párroco ou ben donativos económicos para pagar o traballo do orfebre.

MOITAS GRACIAS!!!

No hay comentarios: