lunes, 7 de mayo de 2018

Excursión Parroquial: 17 de maio


Xoves 17 de maio
Día das Letras Galegas
PARROQUIAS DE COVAS E ORTOÑO

Como é costume nesta xornada faremos a excursión parroquial para veciñanza de Covas e Ortoño. Este ano cúmprese o oitavo centenario da aparición da Virxe da Mercé, polo que aproveitaremos esta xornada para visitar un dos lugares de Galicia onde hai presencia de Pais Mercedarios e tamén por ser o mes de maio rezaremos nun dos santuarios marianos mais fermosos de Galicia. Para a veciñanza de Bertamiráns especialmente significativo:
 A PEREGRINA DE PONTEVEDRA.

Programa previsto:

9 horas: Saída de Ortoño e Covas con parada en Bertamiráns (taxis).
10 horas: Visita á fervenza de Barosa en Caldas de Reis.

11.15 horas: Visita ao Mosteiro de Poio.
13 horas: Misa e visita ao Santuario da Peregrina.

14.30 horas: Xantar nun coñecido restaurante da cidade de Pontevedra.
16 horas: Visita á cidade Pontevedra.
19 horas: regreso con chegada aprox. ás 20 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse na sacristía de calquera das igrexas ata o día 15 de maio. Convén anotarse canto antes.
Prezo por persoa: 25 €, que serán abonados ao inscribirse. (Os nenos a metade)
Inclúe transporte, comida e entrada ao mosteiro de Poio.

No hay comentarios: