Convócase un concurso de
redacción e coloreado para os nenos da Catequese parroquial, con arreglo ás
seguintes bases: 1. Poden participar só os nenos inscritos na Catequese no
turno da capela ou da igrexa parroquial. 2. Hai dúas modalidades: colorear esta
lámina e redacción dun máximo de 25 liñas en lingua galega ou española. 3. A
temática da redacción deberá ser sobre a vida de Xesús nos últimos días (de
xoves santo a domingo de resurrección). 4. O nome de cada participante figurará
no dorso da folla entregada. 5. O prazo para entregalos remata o domingo 25 de
marzo ás 20 horas. 6. O xurado fará público o seu fallo o 1º día de catequese
despois da Semana Santa. 7. O xurado pode declarar deserto o premio se non
alcanzan a calidade esperada os traballos presentados.
O premio
para o mellor traballo de coloreado e de
redacción será un vale de 25 € para cada modalidade en material escolar nunha
librería de Bertamiráns, respectivamente.
Igualmente
ambos gañadores terán o agasallo de un ovo de pascua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario