martes, 31 de mayo de 2016

Festas patronais de San Xoán



24, 25 e 26 de xuño

 

       Queridos veciños e amigos da Parroquia de San Xoán de Ortoño:
 
Un ano mais temos ocasión de celebrar xuntos a festa do noso padroeiro e gustaríame que continuaramos, como nos anos anteriores, gozando dunhas actividades extraordinarias que acompañen ás litúrxicas que se celebrarán na igrexa parroquial e das que se lles informará puntualmente.
 
Para colaborar nos gastos extraordinarios que xurdan, invítase a todos os que o desexen, facendo unha achega do importe económico que voluntariamente decidan.
 
Os interesados poden, ou ben deixalo na sacristía ou ben ingresalo na conta da Parroquia de:  A Banca ES52 2080 0317 78 30 4001 1746.
 
Agradezo por adiantado as axudas recibidas, xa que contribuirn a solemnizar as festas, e á mesma vez a axudar cos gastos que a igrexa ten que sufragar para o seu mantemento.
 
                                           Esperando ver a todos axiña,
 José Luis Dorelle Iglesias,
Párroco de Ortoño e Covas.
 
 
 

No hay comentarios: