lunes, 31 de agosto de 2015

Obras na igrexa parroquial


 
Como foi anunciado nos meses anteriores –logo de ter conseguido a pertinente licenza de obras do Arcebispado de Santiago e Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia- o conxunto de cinco retábulos que a igrexa parroquial de Ortoño posúe van ser intervidos nunha labor de desparasitización e limpeza en orde á súa mellor conservación.
 
Esta intervención comezará; Deus mediante, o vindeiro día 10 e prevese que dure ata o 24 de setembro (polo proceso de cría destas plagas que afectan á madeira o mes de setembro parece o axeitado para unha eficaz intervención).
 
Os primeiros días deste proceso para as labores de fumigación debe permanecer cerrada completamente. Pregamos disculpen as molestias que esto poida causar.

 

No hay comentarios: