Intencións das Misas
Luns 11:
• 19.30 h.: en Ortoño, por Manuel Vilas Gómez.
• 20.30 h: en Bertamiráns, á Virxe Milagrosa, int. dunha persoa devota.
Martes 12:
• 19.30 h.: en Ortoño, por Manuel Ramón Abelleira, su esposa e hijo.
• 20.30 h: en Bertamiráns, á Virxe Milagrosa, int. dunha persoa devota.
Mércores 13:
• 19.30 h.: en Ortoño, por Javier González Romarís e defuntos da familia.
• 20.30 h: en Bertamiráns, á Virxe Milagrosa, int. dunha persoa devota.
Xoves 14:
Ás 18,30 horas; exposición do Santísimo Sacramento para a oración persoal e Rosario.
• 19.30 h.: en Ortoño, por María Maside Garlit e a súa nai Dolores Maside.
• 20.30 h: en Bertamiráns, á Virxe Milagrosa, int. dunha persoa devota.
Venres 15:
Antes da Misa; rezo do Via Crucis.
• 19.30 h.: en Ortoño, por Dolores Brandón Noya.
• 20.30 h: en Bertamiráns, á Virxe Milagrosa, int. dunha persoa devota.
Despois da Misa; rezo do Via Crucis.
Sábado 16:
• 12 h.: Misa de ánxeles en memoria do neno Kevin Fernando Botana Iglesias.
• 18 h.: en Ortoño, 1º Aniversario de María Teresa Blanco Cardeso.
• 19.30 h.: en Ortoño, á Virxe Milagrosa, int. dunha persoa devota.
• 20.30 h: en Bertamiráns, por Dolores Capeáns Garabán e o seu esposo; ás Benditas Ánimas; por Ramón Ferreiro Sánchez e defuntos de Carmen Beade; por Isolino Freire Vázquez; por Manuel Fernández Negreira; por María Quintáns; por Rosa Carbia Martínez; en acción de gracias a San Marcos.
17 de ABRIL: DOMINGO DE RAMOS.
• 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia. Con bendición de ramos ó comenzar.
• 11,00 h.: en Bertamiráns, por tódolos cofrades defuntos da Peregrina. Con bendición de ramos ás 10,45 h., na praza exterior.
• 12,15 h.: en Ortoño, á Virxe Milagrosa, int. dunha persoa devota. Con bendición de ramos ás 12 h., onda o cruceiro.
Cáritas
A colecta das misas desta fin de semana pasado foi de 502,20 € para a nosa Cáritas Parroquial de Ortoño.
Moitas gracias
a todos pola vosa xenerosidade!
Bautismos-Boda
No que vai de mes de abril recibiron o Bautismo o neno Mauro Rodríguez-Trelles Freire (2 de abril) e a nena Paola Orozco Fernández (10 de abril) incorporándose á Igrexa Católica na nosa comunidade parroquial. Felicidades!
Queren contraer matrimonio canónico D. Mario Castillo Rodríguez, natural de Avilés (Asturias) con Dna. Concepción Balsa Lois, natural de Ames e veciños desta parroquia.
Paso a paso…
Con gozo comunico a través desta folla parroquial que esta semana comezaron as obras de rehabilitación da Capela da Mercé de Lapido. Temos reunido gracias ás achegas recibidas ata o xoves 7 de abril a cantidade de 8980 €. Agradezo novamente a todos cantos xa colaborastes con este proxecto. Esperamos vela arranxada nun prazo inferior a dous meses. Se algunha persoa, familia, institución quere xuntarse a esta iniciativa aínda pode facelo na conta da Asoc. de Veciños (2091-0317-32-3000129197) ou entregando a súa achega directamente ó Párroco quen emitirá, a quen o desexe o certificado pertinente para Facenda para desgravar o porcentaxe previsto por doacións feitas á Igrexa Católica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario