domingo, 30 de enero de 2011

Boletín Parroquial "O Sineiro", n. 157

Intencións das Misas



Luns 31: San Xoán Bosco.

• 18 h.: en Ortoño, á Virxe dos Milagres, int. de Balbina Blanco.

• 19 h: en Bertamiráns, por José Fernández Rivas, int. dunha prima.

Martes 1:

• 18 h.: en Ortoño, por Manuela García Sebe.

• 19 h: en Bertamiráns, por Walter Ramón Garrido Carballeira e o seu pai.

Mércores 2: Presentación do Señor no Templo. Festa da Candelaria.

• 18 h.: en Ortoño, por José Martínez Blanco e esposa.

• 19 h: en Bertamiráns, por Santiago Baliña Vidal.

Xoves 3: San Blas e San Óscar.

• 18 h.: en Ortoño, por Enrique González Grove (2º Aniversario).

• 19 h: en Bertamiráns, por Mª del Carmen Pena Capelo e defuntos da familia.

Venres 4:

• 18 h.: en Lapido, á Virxe da Mercé.

• 19 h: en Bertamiráns, por Santiago Baliña Vidal.



Sábado 5:

• 12 h.: en Ortoño, 1º Aniversario de Maximino Mouriño Nimo.

• 17 h.: en Ortoño, 2º Aniversario de Josefa Martínez Nieto.

• 18 h.: CATEQUESIS BERTAMIRÁNS.

• 19,30 h.: en Bertamiráns, por José María Carballeira Paz (int. da súa esposa e fillos); por Dolores Casal Iglesias (int. dos seus fillos); por Carmen Mouriño e José Couso.

Domingo 6 de FEBREIRO:

• 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.

• 11,00 h.: en Bertamiráns, por todos os cofrades defuntos da Peregrina.

• 11,30 h.: CATEQUESIS ORTOÑO.

• 12,15 h.: en Ortoño, por Manuel González González e defuntos da familia.


Bautismo

O domingo día 30 de xaneiro polo sacramento do Bautismo incorporouse á Igrexa Católica na nosa comunidade parroquial o neno Arón García Agrafojo.

¡Parabéns á súa familia!

Proclamas matrimoniais

Queren contraer matrimonio no 2011 Pablo César Pais Villar con María Jesús Romero Brión (3ª proclama), veciños da nosa parroquia no lugar de Bertamiráns. Tamén Francisco José González Vizcaya de Vidán (Santiago) con Ana Belén Blanco Matalobos de A Estrada (Pontevedra), residentes en Eslovaquia pero veciños desta parroquia en Bertamiráns (3ª proclama). Igualmente Inés Ferrol Lois de Negreira pero veciña da nosa parroquia no lugar de Bertamiráns con Jesús Sinde Cantorna natural e veciño de Corneira-Negreira (2ª proclama).



Escola de Catequistas


O vindeiro venres 4 de febreiro teremos a Escola de Catequistas nos novos locais parroquias de Ortoño sitos en Rúa Poeta da Maía, nº 1 de Bertamiráns (baixo do edif. Castriño). Ás 20 horas.

Invitados todos os catequistas.



Exposición fotográfica

Visita de Bieito XVI


Dende o 31 de xaneiro ó 28 de febreiro en San Martiño Pinario (Santiago) no salón Peregrinos abriráse unha mostra fotográfica da Peregrinación do Papa a Santiago o pasado 6 de novembro coas instantáneas tomadas polo fotógrafo oficial do Vaticano. Ademáis das fotografías exhibiránse outras cousas como a casulla utilizada por Bieito XVI na Eucaristía, o cáliz que regalou á Diocese…etc.

Horario: de luns a venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 20.30 horas.

No hay comentarios: