Intencións das Misas
Luns 15:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuel Vilas Gómez.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por América Abet Varela e esposo.
Martes 16:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuela García Sebe e Filomena Sebe Iglesias, a int. de Matilde Silva.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Minia Liñares Capeáns e Prudencio Currais Vidal.
Mércores 17 (Cinza):
· 18,00 h.: en Ortoño, polo Rvdo. D. Manuel Campos Varela.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por María Dolores Quintáns Insua, a int. da súa irmá Concha e afillada Mª Carmen.
Xoves 18:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Coralia López Castiñeiras, esposo Dámaso e defuntos da familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Bárcena González.
Venres 19 (Beato Álvaro de Córdoba):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Dolores Seijas González.
Sábado 20:
· 17,00 h.: en Ortoño, por José Martínez González, esposa Benigna Rial Álvarez, fillos Juan e Manuel, neto José Manuel e máis defuntos das súas familias, a int. dos seus irmáns e netos; por Ramón Álvarez Carril (Castiñeiras), por Esther García Castiñeiras.
· 18,00 h.: en Bertamiráns: catequese.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, por Vera Aparecida Aguado, a int. das familias Castro Crismán e Fernández Baliño.
Domingo 21 (I de Coresma):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Ramón Serramito Rogido.
Bautismo
O pasado sábado 6 ingresou na Igrexa católica Alba García Romero. Á súa familia ¡parabéns!
Confirmacións para adultos
O vindeiro domingo 11 de abril, Deus diante, celebraranse as confirmacións dun grupo de mozos da nosa Parroquia. Tamén quéremos dar oportunidade de confirmarse ós adultos que, por particulares circunstancias, non o puideron facer no seu tempo. Con tal motivo, os domingos da Coresma, despois da última Misa, manteremos un grupo de preparación. Os interesados dean aviso na Parroquia.
Inicia a Coresma
O mércores 17, é mércores de Cinsa. Con ese rito inicia o tempo da Coresma. Corenta días de preparación intensa para a celebración do misterio pascual da morte e resurrección do Señor. Días para escoitar máis a Palabra de Deus e purificarnos con obras de penitencia, xaxúns e abstinencia de carnes.
Vía Crucis
Rezarase tódolos venres da Coresma antes da Misa da tarde na igrexa parroquial e despois da Misa na capela da Peregrina. Comezamos este venres día 19.
Cáritas
A colecta en pro dos damnificados do tremor de Haití ascendeu a 3.980,72.-€. Ingresouse íntegra na Cáritas Diocesana. ¡Motísimas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario