viernes, 20 de noviembre de 2009

Semana do 23 ó 29 de novembro de 2009

Intencións das Misas

Luns 23 (San Clemente):
· 18,00 h.: en Ortoño, polos defuntos de Carmen Figueiras.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina, int. de Dolores Paz.
Martes 24:
· 18,00 h.: en Ortoño, ó Santísimo, int. dunha devota.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, ó Santísimo Sacramento, int. de María Turnes.
Mércores 25:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Carlos Duro e Lourdes Gómez.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Amalia e Benigna González Patiño.
Xoves 26:
· 18,00 h.: en Ortoño, á Virxe dos Milagres, int. de María Maside.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Emilio Carballeira e esposa, a int. da súa filla Carmen.
Venres 27:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuela García Sebe.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Rufina Fuentes.
Sábado 28:
· 17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Bertamiráns, Catequese.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, por José Couso Mouriño, ás Ánimas int. de Rita Blázquez.
Domingo 29 (I Domingo de Advento):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, por José Vázquez Gómez e máis defuntos da súa familia.

Cabodano

O sábado 28 ás cinco da tarde, na igrexa parroquial, celebrarse o funeral de segundo aniversario polo eterno descanso de Francisco Amador López Calvo.


Grupo de formaciónbíblica para adultos

Próxima xuntanza: mércores 25, ás cinco da tarde na Casa Rectoral de Ortoño. Pode participar quen o desexe. Contido: As parábolas dos Evanxeos.

Colecta DOMUND

Con motivo da Domingo Mundial das Misións, recadáronse nas colectas das Misas 551,29.-€; cantidade que xa foi ingresada nas Oficinas das Obras Misionais Pontificias de Santiago. ¡Moitas grazas a todos, especialmente ós nenos que tanto achegaron!

Internet

Para aqueles que dispoñan desta tecnoloxía dende a parroquia ofrecemos dous novos servizos. Trátase de dous blogs, un sobre historia local de Ortoño e outro que reproduce a información que se atopa neste boletín. Para conectarse cómpre marcar: www.historiadeortono.blogspot.com e www.parroquiadeortono.blogspot.com

Camposanto

Algúns propietarios de panteóns aéreos da ringleira central do noso cemiterio puxéronse en contacto co Sr. Cura para ver de reparar algunhas fendas nas cubertas dos mesmos. Trátase (máis ou menos) dos panteóns que teñen os números do 150 ó 170 e do 220 ó 236 do plano xeral. Co tempo cumpriría manter unha xuntanza con eles pois semella máis sensato acometer a reparación entre todos que non cada quen individualmente. Por iso agradécese que os interesados dean na sancristía ou no despacho parroquial o seu parecer verbo deste tema, antes de convocar a unha reunión.

No hay comentarios: