Avisos e Campaña
de Nadal
Campaña de Nadal de Caritas
Os mozos e mozas dos distintos
grupos de Confirmación están a traballar con ilusión na clasificación de
xoguetes para que ningún neno do noso entorno quede sen un agasallo nas
vindeiras datas de nadal. Gracias.
Invítase a colaborar
na Operación Kilo habitual dos últimos anos; aportando especialmente: conservas
e alimentos ao vacío, leite, lentellas, café-cacao, galletas, cousas de nadal
(turrón…). Tamén roupa de cama e baño.
Agradécense tódalas iniciativas que de forma altruista
moitas persoas voluntariamente están a tomar desde distintos ámbitos (La Caixa, Enseres, Café Don Budi…etc)
para axudar aos máis desfavorecidos do noso entorno en colaboración con
Cáritas.
“Vive sinxelamente para que outros sinxelamente
poidan vivir”.
Agradécese a todos os voluntarios de Cáritas (crónicos e transitorios…) a súa
xenerosidade; convencido de que a relación persoa a persoa, o apoio á familia, a constancia e o compromiso,
o sentido positivo, a resposta desinteresada, o diálogo e a reflexión son sen
dúbida os piares nos que se apoia o voluntariado e a clave da eficacia da súa
acción. Da igual quen o faga se o fai neste espíritu unidos pola inquietude de
axudar.
Nos últimos aumenta a porcentaxe de personas en risco
de esclusión social, pero a verdade é que desde tamén aumentou o número de
personas que se interesan por prestar algún servicio a favor dos demáis. A todos; novamente, gracias.
Misas na Capela da Peregrina
Por mor da instalación do retábulo da Peregrina na súa
Capela de Bertamiráns, TODAS AS MISAS
celebraránse nalgún dos outros templos que temos na Parroquia ata o venres 14
de decembro inclusive.
A inauguración do devandito retábulo está prevista
para o domingo 16 de decembro.
A suciedade e desorde propios dunha obra destas características
desaconsellan que se teñan celebracións alí ata o seu remate.
A Xunta Directiva da Cofradía da Divina Peregrina de Bertamiráns e o Párroco pregan disculpen as molestias