sábado, 24 de noviembre de 2012

Aviso importante





Á ATENCIÓN DOS PAIS DOS NENOS DO TURNO
DE CATEQUESE EN BERTAMIRÁNS

Entre os días 29 de novembro e 7 decembro a Capela da Peregrina permanecerá pechada por mor da instalación do retábulo: andamios e a suciedade propia dunha obra destas características desaconsellan que teñamos a Catequese alí.
 
Por tanto, o sábado día 1 de decembro non será posible ter a Catequese habitual nesta Capela.

Os Catequistas xa indicaron aos nenos o tema a tratar durante esta semana e solicítase a vosa colaboración para que o preparedes cos vosos fillos en calquera momento.