domingo, 23 de febrero de 2014

Boletín Parroquial "O Sineiro", n. 291


 

Intencións das Misas

Luns 24:

·       18 h.: en Ortoño, por Herminio Freire Barbazán, esposa e defuntos da familia.

·       19 h.: en Bertamiráns, á Virxe nas súas advocacións de Peregrina e Montserrat.  

Martes 25:

·       17 h.: en Covas, por Antonio Cebey, Carmen Antelo e José Cebey Antelo.

·       18 h.: en Ortoño, á Virxe dos Milagros.

·       Non hai misa hoxe en Bertamiráns.

 Mércores 26:

·       18 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova (5º Aniversario).  

·       19 h.: en Bertamiráns,  a San Antonio.

Xoves 27:

·       18 h.: en Ortoño, por Carmen e Alejandra Fernández Angueira.

·       19 h.: en Bertamiráns, por Avelino Espasandín García e defuntos da familia.

Venres 28:

·       18 h.: en Ortoño, por Carmen Alejandre Piñeiro.

·       19 h.: en Bertamiráns, por Celsa Fiaño Fontao.

 Sábado 1: 

·       12 h.: en Ortoño, 1º Aniversario de Concepción Mosquera Cardelle.  

·       19 h.: en Bertamiráns, por Dolores Puga Pérez; por Guillermo Alonso Rodríguez; por Josefina Míguez e Manuel Puente.

·       20 h.: en Ortoño, por José Manuel Arceo Beiroa; por Manuel Rodríguez González; por Nieves Crespo Mariño.

Domingo 2: VIII do Tempo Ordinario.

·       10,00 h.: en Covas, á Virxe de Fátima; por Constantino Mourelle e Mercedes Framil; por Ramón Montero, María Ferreiro e Eduardo Vilas.

·       11,00 h.: en Bertamiráns, por María de las Nieves Crespo Mariño, cofrade defunta da Peregrina.

·       12,15 h.: en Ortoño, por María García Castiñeiras.


Cementerio  Parroquial Ortoño

Está a ser tramitada a licenza para a obra de arranxo da columna de panteóns que sofre as filtracións de auga. A memoria obrigatoria para a concesión da Licencia de Obras foi realizada coa mediación do Concello a quen os titulares dos panteóns lle amosan a súa gratitude.

Os constructores ou empresas interesadas en realizar esta reparación poden recoller na Parroquia os datos técnicos do arquitecto e facer un presuposto ata o venres 28 de febreiro de 2014.

Reunión dos titulares dos panteóns:
Venres 7 de marzo de 2014
ás 19.30 horas na Casa Rectoral

Se algún titular dos panteóns desexa ver a memoria descriptiva completa do arquitecto ou a solicitude da licencia de obras hai un exemplar a disposición na sacristía da igrexa parroquial.

Aviso Catequese Parroquial

A vindeira fin de semana (venres 28 de febreiro a domingo 2 de marzo) non haberá Catequese de Infancia e Confirmación.

 

Cursillo Prematrimonial

Día 8-9 de marzo de 2014

Centro social de Bugallido (Ames)

Para as parellas que desexen contraer matrimonio eclesiástico neste ano 2014

¿Qué hay riesgos?, ¡por supuesto! Encontraréis dificultades. ¿Creéis quizá que yo no las conozco? Os digo que el amor vence cualquier dificultad. La verdadera respuesta a cada vocación es obra de amor (...) y si podéis, dad con alegría, sin miedo...”

                                       Juan Pablo II

 

No hay comentarios: