sábado, 4 de abril de 2020

Domingo de Ramos 2020

Mañá, domingo de Ramos.
 
NON poderemos ter a Misa como era habitual (multitudinaria e estreando algo todos). Pero coa ambición de que nada nos faga perder a ilusión e a esperanza da victoria sobre este virus que nos ten confinados na casa, ás 12 horas do propio domingo tocarán as campás, anunciando o inicio da Semana Santa.
Confiemos en que o son das campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar (Rosalía de Castro) conforte ós enfermos polos que a esa hora faremos unha oración especial cada un no seu fogar.
 

 
 

No hay comentarios: