domingo, 4 de agosto de 2013

Avisos


FESTA DA PEREGRINA


Horario:

De luns a venres:

-Rezo do Santo Rosario, ás 20 horas.

-Novena e Misa, ás 20.30 horas.

Sábado día 10:
-12.30 horas, Primeiras Comunións.

-Rezo do Santo Rosario, ás 20.30 horas.

-Novena e Misa, ás 21 horas.

Domingo: Misa Solemne á Peregrina ás 12.30 horas. A continuación, procesión.

 

Catequese 1ª Comunión

Os nenos que farán a súa Primeira Comunión o vindeiro sábado día 10 de agosto no contexto das festas da Peregrina terán catequese intensiva do luns 5 ao venres 9 ás 19 horas. Como xa foi anunciado aos país nas diversas reunións que houbo ao longo do curso. Prégase aos país que o luns 5 acudan tamén eles para ver de programar mellor esta actividade.

Lugar: Capela da Peregrina

 

AVISO MOI IMPORTANTE

CEMITERIO PARROQUIAL

 

A columna de panteóns que hai na entrada do cementerio parroquial á dereita do pasillo central está afectada por filtracións de auga e por grietas. Faise necesaria unha intervención para evitar desperfectos maiores. Trátase dos panteóns comprendidos entre os números 237 a 278; polo que se lles convoca a unha reunión urxente o 16 de agosto de 2013 no adro da iglesia parroquial ás 21 horas. Dada a importancia do tema a tratar prégase a todos os afectados que concurran en persoa os propietarios dos nichos afectados ou herdeiros, respectivamente. No taboleiro de anuncios da igrexa ou da capela hai unha lista co nome que figura nos panteóns afectados.

 

Proclamas matrimoniais

 

Queren contraer matrimonio canónico segundo o establecido pola Santa Nai Igrexa dunha banda Christian Otero Fontenla, natural do lugar das Cortes nesta parroquia de Ortoño con Ángela Grela Sanmarco, natural de Padrón.

 

Igualmente dunha banda Marcos López Montero, natural de Carballeda de Avia (Ourense) con Marta Justo Domínguez, natural de Carballiño (Ourense); ambos residentes nesta parroquia no lugar de Bertamiráns.

Son as segundas proclamas.

No hay comentarios: