domingo, 16 de septiembre de 2012

Boletín Parroquial "O Sineiro", n. 230

 

Intencións das Misas

 

Luns 17:

·        19,30 h.: en Lapido, Rosario e Novena da Merced (día 5º).

 

Martes 18:

·        19,30 h.: en Lapido, Rosario e Novena da Merced (día 6º).

 

Mércores 19:

·        19,30 h.: en Lapido, Rosario e Novena da Merced (día 7º).

 

Xoves 20:

·        19,30 h.: en Lapido, Rosario e Novena da Merced (día 8º).

 

Venres 21: San Mateo, apóstol.

·        19,30 h.: en Lapido, Rosario e Novena da Merced (día 9º).

 

Sábado 22:  Festa da Virxe da  Merced.

·        13 h.: en Lapido, Misa Solemne na honra da Virxe da Mercé.

·        18 h.: en Ortoño, Boda.

·        19 h.: en Bertamiráns, a San Ramón; por Alfonso Neira Díaz (6 meses); por Lourdes Abet Antelo (1º Aniversario); por Venancio Aniceto Pedrosa.

·        Non hai misa de 20 horas en Ortoño.

 

Domingo 23 de SETEMBRO:

 

·        9,00 h.: en Lapido, pola Parroquia.

·        11,00 h.: en Bertamiráns, por todos os cofrades defuntos da Peregrina.

·        12,15 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez.

 

Novena da Mercé

 

A novena da Mercé continúa ata a víspera da festa con este horario:

19.30: Rosario, Misa e Novena.

 
O sábado 22 de setembro:

 13 horas: Misa Solemne.

A misa do domingo 23 ás 9 horas será na Capela de Lapido. Téñano en conta as persoas que soen asistir.

 

Obras da Capela da Peregrina

 

Gratitude para todas as persoas que xa fixeron a súa achega para as obras da Capela da Peregrina.

 

O pasado xoves 13 de setembro comezou a colocación dos perfís na parede na que se ubicará o retablo da Peregrina.

 

SE QUERES AXUDAR A ESTE PROXECTO COA TÚA APORTACIÓN, ENTREGA O TEU DONATIVO NA CAPELA DA PEREGRINA OU NA CONTA

20805215393000024119 de NovaGalicia Banco.

 

¡Moitas gracias!

 

Programación novo curso

 

-A Catequese de Infancia comezará o fin de semana da 6-7 de outubro; respectivamente, no turno da capela da Peregrina e da igrexa parroquial.

 

- A Catequese de Confirmación comezará o venres 19 e o sábado 20 de outubro.

 

-Os pais poden recoller as inscripcións e entregalas cubertas ata o 2 de outubro.

-Precísanse persoas que poidan botar unha man na Catequese de Infancia.