martes, 4 de septiembre de 2012

Boletín Parroquial "O Sineiro", n. 228

Intencións das Misas


Luns 3: San Gregorio Magno.

• 20 h.: en Ortoño, por José Manuel Vilacoba, pais e irmáns.

• 21 h.: en Bertamiráns, por Ana Gómez Romay e o seu pai.



Martes 4:

• 20 h.: en Ortoño, por Serafina Rama e Castora Balsa.

• 21 h.: en Bertamiráns, por Maximino Quinteiro Vidal e esposa.



Mércores 5: Beata Teresa de Calcuta.

• 20 h.: en Ortoño, por Carmen Gómez Bóo.

• 21 h.: en Bertamiráns, por María Dolores Pol Louro e Evaristo Nogueira Romero.



Xoves 6:

• 20 h.: en Ortoño, por Carmen Gómez Bóo.

• 21 h.: en Bertamiráns, por Fernando Fernández Méndez.



Venres 7:

• 20 h.: en Lapido, á Virxe da Mercé.

• 21 h.: en Bertamiráns, por Serafín Castro Crismán.



Sábado 8: Natividade da Nosa Señora.



18 h.: en Ortoño, 1º Aniversario de María Veiga Vilanova.

• 19 h.: en Bertamiráns, á Virxe María, int. dunha persoa devota; por Lourdes Abet Antelo; por Ramona Liñares Capeáns; por Mercedes Paz Durán e Emilio Carballeira; por Luciano González García e Marina; por José Manuel Gómez Fernández, José Blanco Barreiro e esposa; Manuel Fernández Negreira; por Carlos Héctor Morado; por un enfermo, Marcos.

• 20 h.: en Ortoño; por Manuel Rodríguez González; por Armando Álvarez Álvarez; por Ramón Álvarez Carril (Castiñeiras); por Ramona Capeáns e Manuel Ferro; por Carmen Capeáns Dopazo.

Domingo 9: XXIII do Tempo Ordinario.

• 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.

• 11,00 h.: en Bertamiráns, por Delia Abuín Agra, cofrade defunta da Peregrina.

• 12,15 h.: en Ortoño, polas obligacións de José Mosquera e Florinda Rial.



Bautismos


Dende a Pascua ata os primeiros días de setembro recibiron o Bautismo nesta Parroquia os seguintes nenos: Irene, Enma, Xiana, Ángel, Irene, Iago, Jairo, Carmen, Ángel, Carmen, Lucía, Mateo, Marta, Antía, Lía, Iván, Iker, Alicia, Lucía, Jorge, Daniel, Rodrigo, Martina, Nira, Noelia, Paula, Andrés e Amalia (irmáns), Marta, Mateo, Carmen, Iago, Carmen, Lucas, Darío, Carla Angeline, David e Carlota.



Parabéns ás súas familias!



Ermida da Mercé

O vindeiro día 7 de setembro –primeiro venres de mes-, celebraremos a Misa nesta ermida na honra á Virxe da Mercé. Darase inicio neste encontro á unha asociación de fieis devotos da Nosa Señora da Mercé de Lapido. Non falten as persoas interesadas en formar parte.
Asamblea Xeral de Cofrades da Nosa Señora Peregrina

A partir do remate da Misa do día 9 de setembro -11.30 horas- na Capela da Peregrina (Bertamiráns) terá lugar a asamblea xeral anual da súa Cofradía.



MOITAS GRACIAS

a TODOS os BENFEITORES



Poden entregarse donativos na Capela ou na conta da Cofradía: 20805215393000024119 de NovaGalicia Banco.