jueves, 25 de febrero de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" nº 114

Intencións das Misas

Luns 1 (San Rosendo):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Esther García Castiñeiras.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Celsa Fiaño Fontao.
Martes 2:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Amalia Ameneiro Lata.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Marcelino Fernández e Dolores Sanmamed.
Mércores 3:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Carmen Rodríguez Álvarez e Alfredo Blanco Magán.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Ramón Patiño Mallón.
Xoves 4 (San Casimiro):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Lino Barbeito Vilas, esposa Dolores Reino Salaño e máis defuntos da súa familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Manuela Fraga Varela (1º aniversario).
Venres 5:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuel Capeáns Martínez e esposa.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Antonio Ferreiro Pais e esposa.
Sábado 6 (San Olegario):
· 17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Bertamiráns: catequese.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Silva Camafeita; por Amalia Riaño; por Manuel Martínez Vieites (Suso), por Javier González Romarís.
Domingo 7 (III de Coresma):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Maximino Mouriño Nimo.
· 12,15 h.: en Ortoño, por María Dolores del Río Barco, irmá Mercedes e os seus pais.

Cabodano

O sábado 6, ás cinco da tarde, celebrarase o funeral de primeiro aniversario por José Couso Mouriño.

Bautismos

O pasado sábado 20 ingresaron na Igrexa católica: Lucas Castillo Balsa, Hugo Pato Villar e Erika Álvarez Crisman, e o domingo 21 fixérono as irmás Violeta e Martina Torre Lodeiro. Ás súas familias ¡parabéns! Seguindo as indicacións da Liturxia ata a Solemnidade da Pascua non se volverán a celebrar bautismos.

Peregrinación a Lourdes

As parroquias do Arciprestado de A Maía organizan para próximos días 5 e 10 de abril (por un erro no pasado boletín figuraba maio) unha peregrinación ó santuario mariano de Lourdes (Francia) visitando tamén Bilbao, Andorra e Burgos. O importe total por persoa en habitación dobre é de 450.-€. O prazo de inscrición remata o 18 de marzo. Interesados comuníquense coa Parroquia.

Xuntanza de pais

O sábado 6, na Casa Rectoral de Ortoño, ás oito e cuarto da tarde, haberá xuntanza dos pais dos nenos que farán a primeira comuñón o 30 de maio.

Profesores ERE

Os docentes de Ensinanza Relixiosa Escolar da zona manterán unha xuntanza de traballo o venres 5, ás sete e media da tarde, na Casa Rectoral de Ortoño.

No hay comentarios: