jueves, 4 de febrero de 2010

Boletín Parroquial; "O Sineiro" nº 111

Intencións das Misas

Luns 8:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuel Furelos, esposa e filla Lourdes.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, polos defuntos de Claudia Guerra.
Martes 9:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Victorina Castro Sardiña.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Vera Aparecida Aguado, a int. das familias Castro Crismán e Fernández Valiño.
Mércores 10 (Santa Escolástica):
· 18,00 h.: en Ortoño, ás Ánimas, int. de María Vilacoba.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Manuel Estévez Gronzo.
Xoves 11 (Nosa Señora de Lourdes):
· 18,00 h.: en Ortoño, a San Amaro, int. dunha devota.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina, int. de Josefa Díaz.
Venres 12:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Manuel Estevez Gronzo.
Sábado 13:
· 17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Ortoño, por Concepción Veiga Arca, por Dolores Martínez Barreiro e defuntos da familia; por Dolores Brandón Noya, por Amalia Ameneiro Lata; por Antonio Sánchez Valiñas (6º aniversario).
· 19,30 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina, int. de Carmen García e familia; por Valentín Reinoso e esposa Felisa Mariño Vidal; por José Ramón Gómez Fernández; por Natalia Rey Martínez.
Domingo 14 (VI do Tempo Ordinario):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Purificación Mouriño Patrón.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Teodoro Lorenzo Dopazo.

Cabodano

O sábado 13, ás cinco da tarde, na igrexa parroquial, celebrarase o funeral de primeiro aniversario por Josefa Martínez Nieto.

Defunción

O pasado luns día 1, recibiu sepultura no camposanto parroquial o veciño de A Tarroeira, Maximino Mouriño Nimo, finado o día anterior ós 74 anos de idade. Descanse en paz.

Escola de Catequistas

O venres día 12, ás oito da tarde, na Casa Rectoral de Os Ánxeles (Brión) para os catequistas do arciprestado de A Maía.

Catequese

Por mor das celebracións de Entroido o sábado 13 e o domingo 14 non se desenvolverán os grupos de catequese da comunidade.

Día do xaxún voluntario

Venres día 12, motivado pola organización “Mans Unidas”. Unha xornada de sensibilización dentro da campaña para a erradicación da fame e a pobreza extrema no mundo. Este ano co obxectivo de acadar unha correcta comprensión da ecoloxía: esquecer que a natureza é un regalo de Deus leva a empobrecela.

Cursiño para o matrimonio

Dentro de un mes (6 e 7 de marzo) en San Pedro de Bugallido (Ames). Téñano en conta aquelas parellas que queiran casar nas próximas datas. Interesados en participar dean aviso na Parroquia.

No hay comentarios: