viernes, 19 de febrero de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" nº 113

Intencións das Misas
Luns 22
:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Manuel Estévez Gronzo.
Martes 23:
· 18,00 h.: en Ortoño, por José Mouriño Bello.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, a Santa Rita, int. dunha devota.
Mércores 24:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Carmen Antelo Rodríguez e o seu fillo Daniel Fernández.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina, int. de Carmen Carballeira.
Xoves 25:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Celia Romarís Sebe e máis defuntos da súa familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por María Celia Lorenzo Seco.
Venres 26:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Mercedes Pazos Antelo.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por José Leonardo Pallas Becerra.
Sábado 27:
· 17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Bertamiráns: catequese.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, polas Ánimas e defuntos dos presentes.
Domingo 28 (II de Coresma):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Isolina Antelo Rodríguez e José Fernández Antelo.

Cabodano

O sábado 27, ás cinco da tarde, na igrexa parroquial, celebrarase o funeral de primeiro aniversario por Agustín Salaño Vilanova.

Defunción

O pasado domingo 14 recibiu sepultura no camposanto parroquial o veciño de Maguxe, Javier González Romarís, finado o día anterior ós 64 anos de idade. Descanse en paz.

Achado

Atopouse na capela da Peregrina un pendente de muller con pedrería de acibeche.

Camposanto

Hai cousa de tres meses dende este boletín propoñiamos ós propietarios dos panteóns números 150 ó 170 e 220 ó 236 a posibilidade de amañar os teitos dos mesmos, pois observamos fendas e filtracións. Ata o de agora, do medio cento de titulares, só 18 deron noticia do seu consentimento. Seguimos a considerar que se trata dunha actuación necesaria. Consultada unha empresa de reformas coidamos que o importe total da obra poderá saírlle a cada propietario entre 100 e 120.-€. Por conseguinte, facemos un segundo chamamento ós referidos propietarios para acadar a maioría necesaria e acometer a obra.

Rezo do Vía Crucis

O venres día 26, ás cinco e media da tarde na igrexa parroquial e despois da misa na capela da Peregrina. Tamén ese día é de penitencia e abstinencia de comer carnes.

Cursiño para o matrimonio

O vindeiro fin de semana (6 e 7 de marzo) en San Pedro de Bugallido (Ames). Téñano en conta aquelas parellas que queiran casar nas próximas datas. Interesados en participar dean aviso na Parroquia.

Confirmacións para adultos

Comezamos o grupo de preparación o domingo 28 despois da última Misa na Casa Rectoral.

Peregrinación a Lourdes

Como ven sendo tradicional, as parroquias do Arciprestado de A Maía organizan para próximos días 5 ó 10 de abril unha peregrinación ó santuario mariano de Lourdes (Francia) visitando tamén Bilbao, Andorra e Burgos. O importe total por persoa en habitación dobre é de 450.-€. O prazo de inscrición remata o 18 de marzo. Interesados comuníquense coa Parroquia.

No hay comentarios: