lunes, 24 de abril de 2017

Obras en la iglesia parroquial


El 24 de abril de 2017 ha comenzado la intervención en el enlosado
del atrio en la zona de la fachada de la iglesia parroquial.

A praciña-adro da igrexa necesita dunha intervención para a súa mellor conservación e tamén dignidade para o uso que dende fai séculos ven prestando a esta freguesía.
Como saben os veciños o adro de Ortoño foi cemiterio parroquial ata finais da década de 1950. Desde aquela as lousas foron repisando ata o punto de que na actualidade non ofrecen a seguridade e presentación idónea.
Esta é a causa de que oído o parecer de moitos veciños se iniciasen as solicitudes pertinentes para a obtención das licencias necesarias para levar a cabo a devandita obra de rehabilitación do enlousado do adro parroquial.

Desde o día 28 de marzo deste ano no arquivo parroquial temos a disposición de quen desexe consultalas todas e cada unha das licencias precisas (arcebispado, concello, dirección xeral de patrimonio e tamén da sección de aqueoloxía do servizo de patrimonio cultural da Xunta de Galicia).

Este é o informe económico da obra; tamén pode ser consultado co Párroco calquer dúbida ao respecto.

Informe de presuposto:

Concepto
Prezo
Proxecto do arquitecto, abonado polo Concello de Ames
descoñecido
Tasas licenza municipal
64,57 €
Proxecto de control e seguimento arqueolóxico
1.134,37€
Empresa de construccións
10.030,21€
TOTAL
11.229,15€

Para poder executar esta intervención; faise necesaria a boa vontade de todos os veciños que xenerosamente fagan achegas económicas para este fin.

Poden entregarse directamente ao Párroco na sacristía, despacho parroquial ou ingresalas na conta da que é titular a Parroquia de A Banca 

MOITAS GRACIAS A TODOS


No hay comentarios: