A praciña-adro da
igrexa necesita dunha intervención para a súa mellor conservación e tamén
dignidade para o uso que dende fai séculos ven prestando a esta freguesía.
Como saben os veciños
o adro de Ortoño foi cemiterio parroquial ata finais da década de 1950. Desde
aquela as lousas foron repisando ata o punto de que na actualidade non ofrecen
a seguridade e presentación idónea.
Esta é a causa de que
oído o parecer de moitos veciños se iniciasen as solicitudes pertinentes para a
obtención das licencias necesarias para levar a cabo a devandita obra de
rehabilitación do enlousado do adro parroquial.
Desde o día 28 de
marzo disponse de todas e cada unha das licencias precisas (arcebispado,
concello, dirección xeral de patrimonio e tamén da sección de aqueoloxía do
servizo de patrimonio cultural da Xunta de Galicia).
Informe de presuposto:
Concepto
|
Prezo
|
Proxecto do
arquitecto, abonado polo Concello de Ames
|
descoñecido
|
Tasas licenza
municipal
|
64,57 €
|
Proxecto de control e
seguimento arqueolóxico
|
1.134,37€
|
Empresa de
construccións
|
10.030,21€
|
TOTAL
|
11.229,15€
|
Para poder executar
esta intervención que esperamos poder empezar pasada a Semana Santa (e antes de
que caduquen as licenzas); faise necesaria a boa vontade de todos os veciños
que xenerosamente fagan achegas económicas para este fin.
Poden entregarse
directamente ao Párroco na sacristía ou despacho parroquial ou ingresalas na
conta da que é titular a Parroquia de A Banca
ES52 2080 0317 7830 4001 1746
MOITAS GRACIAS A TODOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario