Na reunión do pasado martes 25 de novembro de 2014 na reitoral de Ortoño para tratar o tema cos
42 titulares dos panteóns -dado que o número de asistentes superaba a metade-
o Párroco informou aos prensentes da resolución favorable da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e da concesión da licencia de obras. Resolveuse entón encomendar a obra á empresa coa que xa se tivera contacto
anteriormente seleccionada entre todas as que presentaron os seus presupostos
para acometer esta obra.
Igualmente decidíuse abrir un prazo ata o 31 de
xaneiro de 2015 para facer o ingreso de 235 € por titular/panteón na conta da
que é titular a Parroquia de Ortoño-Arcebispado de Santiago de A Banca: ES52 2080 0317 7830 4001 1746
indicando o nome do titular e número do panteón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario