domingo, 9 de diciembre de 2012

Campaña de Nadal da nosa Caritas Parroquial


Invítase a colaborar na Operación Kilo; aportando especialmente: conservas e alimentos ao vacío, leite, lentellas, café-cacao, galletas, cousas de nadal (turrón…). Tamén roupa de cama e baño.

 

Facemos esta semana unha mención especial para o CEIP A Maía de Bertamiráns e para a ANPA do CEIP de Roxos que fixeron a súa propia campaña e entregaron na nosa Caritas Parroquial todos os productos da devandita campaña de recollida de alimentos, roupa e xoguetes para axudar aos máis desfavorecidos do noso entorno.
 
Vaia tamén a gratitude dos beneficiarios desta laboura para tódolas persoas anónimas que xa están achegando cousas para esta campaña.

 
Puntos de entrega: La Caixa (oficina de Bertamiráns), Enseres, Local Parroquial en R/Poeta da Mahía.


A colecta do mes de novembro foi de 609,60 €.
 
E a da semana pasada (decembro) foi de  799,34 €.