martes, 18 de diciembre de 2012

50 anos da Cofradía da Peregrina: HOXE


 
 
Cofradía da Peregrina:

Historia dunha devoción

1962-18 de decembro-2012
Hoxe é o día do 50 aniversario.
 
O Párroco e a Xunta Directiva da Cofradía da Peregrina, ao cumplirse hoxe o 50 aniversario da súa erección canónica polo Cardeal Quiroga Palacios queren agradecer a Deus toda a a obra boa que Él mesmo comezou e pedirlle que sexa Él mesmo quen a leve a término.
 
Unha curiosidade é que o Cardeal Quiroga, viaxara a Roma en outubro de 1962 para asistir á apertura do Concilio Vaticano II. Logo participou na súa primeira sesión regresando a Santiago o 13 de decembro. Cinco días máis tarde asinou o decreto polo que se fundaba esta Cofradía que agora 50 anos de historia xa empezan a ser dignos de celebración. Tal vez como un dos primeiros froitos daquela renovación que este Concilio supuxo para a nosa Igrexa.
 
As imaxes deste vídeo deixan mostra do afecto das xentes desta comarca pola súa Virxe Peregrina desde fai moito tempo e dunha aventura que hoxe culmina medio século de vida.