jueves, 17 de junio de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" nº 130

Intencións das Misas

Luns 21:
· 19,30 h.: en Ortoño, Novena ó Patrón, a intención dos seus devotos. Día 7º.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, á Virxe de Fátima, int. de Carmen Carballeira.
Martes 22:
· 19,30 h.: en Ortoño, Novena ó Patrón. Día 8º.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por José González Patiño.
Mércores 23:
· 19,30 h.: en Ortoño, Remata a Novena a San Xoán Bautista.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos de Blandina Bello Rey.
Xoves 24 (San Xoán Bautista):
· 10,00 h.: en Ortoño, por Juan Acosta López.
· 12,30 h.: en Ortoño, Solemne a San Xoán.
Venres 25 (Santísimo Sacramento):
· 10,00 h.: en Ortoño, por Don Manuel Campos Varela.
· 12,30 h.: en Ortoño, Misa Solemne de Corpus.
Sábado 26 (San Antonio):
· 10,00 h.: en Ortoño, por Celia Romarís Sebe e o seu fillo.
· 12,30 h.: en Ortoño, Misa Solemne a San Antonio de Padua.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Silva Camafeita; a San Antonio, int. dunha devota; polas intencións de Carmen Mellid; por Eloy Babiano Pérez; á Virxe do Carme e da Peregrina, e a San Antonio, int. de Carmen Blanco.
Domingo 27 (XIII do Tempo Ordinario):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Carmen Mouriño Patrón.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.

Proclamas

Queren contraer matrimonio canónico: Iago Patiño Casal, natural de A Coruña e veciño da nosa parroquia, con Mónica Agrafojo Manteiga, natural e veciña da nosa Parroquia; Pablo Pérez Caramés con Vanessa Noya Vázquez, ámbolos dous naturais de Santiago e veciños da nosa Parroquia en Bertamiráns; Marcos Novío Santos, natural e veciño de Viceso (Brión), con Margarita Casal Iglesias, veciña da nosa Parroquia.

Defunción

O pasado 9 de xuño, finou o veciño de Bertamiráns, Valentín Biel Rodríguez, ós 83 anos de idade. Descanse en paz.

Bautismos

O pasado sábado 19 de xuño, ingresaron na Igrexa católica e na nosa parroquia, polo sacramento do Bautismo: Alba Tajes Traba; os irmáns Mario e Óscar Cernadas Fraga, e Sergio Fraga Botrán. O domingo 20 bautizouse Luana Ríos Costa. Ás súas familias ¡parabéns!

Misas nos días das Festas

As primeiras, rezadas, serán ás 10 da mañá. As cantadas serán ás doce e media seguidas de procesión. Na de San Xoán predicará o Párroco de Arca – O Pino; na de Corpus o Párroco de Cambados, e na de San Antonio O Párroco de Bugallido. Cantará nos tres días o Coro “Ama a Deus” de Noia. O sábado 26, non haberá misa da tarde en Ortoño.

No hay comentarios: