jueves, 3 de junio de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" nº 128

Intencións das Misas

Luns 7:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Carmelita Fernández.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Minia Liñares Capeáns (1/2 ano) e Prudencio Currás Vidal.
Martes 8:
· 19,30 h.: en Ortoño, por José Gómez Bustelo e defuntos da familia.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Moisés Pena, Dolores Seijas e Manuel Varela.
Mércores 9:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Elena Vázquez e esposo Manuel Carrera.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por María Teresa Reinoso Mariño.
Xoves 10:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Eduardo Balsa e fillo.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, a San Antonio de Padua a int. de María Rey.
Venres 11 (Sagrado Corazón de Xesús):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Mercedes Pazos Antelo.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos de Celsa Fiaño.
Sábado 12 (Inmaculado Corazón de María):
· 12,30 h.: en Bertamiráns, Misa de Primeiras Comuñóns.
· 19,30 h.: en Ortoño, por Concepción Veiga Arca e Mercedes Martínez Bustelo; por Carmen Fernández Vijoy; por Mario Montero Alonso; por Manuel Mata Carril; por Castora Nieto Ortiz; Por Manuel Quintáns Fiúnte e máis defuntos da familia, por Amalia Ameneiro Lata.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Vicente Mourelle, fillo, avoa e José Gómez; polos defuntos de Dolores Puga; por Manuel Fernández Negreira; a Santa Lucía, int. de Pilar Casal; á Virxe do Carme e á Virxe Peregrina, int. de Gonzalo Lens e esposa.
Domingo 13 (XI do Tempo Ordinario):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Ortoño, por José Vázquez Otero.
· 12,15 h.: en Bertamiráns, Misa de Primeiras Comuñóns, polos confrades defuntos da Peregrina.

Proclamas

Queren contraer matrimonio canónico: Jesús Caamaño González, con María Fernández Hermo, ámbolos dous naturais de Santa María de Trasmonte e veciños da nosa Parroquia.

Defuncións

Recibiron sepultura no camposanto parroquial: o pasado sábado 29 de maio, a veciña de Ortoñiño María Maside Garlit, finada o día anterior ós 65 anos de idade; e o xoves 3 de xuño, a veciña de O Pedregal Carmen Mouriño Patrón, finada o día anterior ós cen anos de idade. Descansen en paz.

Primeiras Comuñóns

Dende o luns 7 ata o venres 11 teremos na capela da Peregrina ás seis e media da tarde a preparación intensiva dos 19 nenos e nenas que celebrarán a súa primeira comuñón tanto o sábado 12 como o domingo 13 en Bertamiráns. O xoves 10 celebrarán a confesión. Virán sacerdotes da zona para dar facilidades a pequenos e maiores.

Matrimonio

O pasado sábado 29 de maio, na nosa igrexa parroquial, contraeron matrimonio canónico Jorge Gómez Miramontes e Tara Kay Stovie. Desexámoslle moita felicidade.

Misas do domingo 13

Por mor das primeiras comuñóns en Bertamiráns, as misas do domingo trócanse. En Ortoño será ás once e, na capela da Peregrina, ás doce e media. Téñano en conta os devotos das mesmas.

Cursiño prematrimonial

Desenvolverase os días 19 e 20 deste mes de xuño en San Pedro de Bugallido (Ames). Interesados en facelo xa poden anotarse na Parroquia.

No hay comentarios: