jueves, 25 de marzo de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro nº 118"

Intencións das Misas

Luns 29 (Santo):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Dolores Maside Garlit.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Camila Suárez Fontao.
Martes 30 (Santo):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Ramón Álvarez Carril (Castiñeiras).
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Josefa Liñares e o seu fillo Modesto Camafeita.
Mércores 31 (Santo):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Manuela García Sebe, a int. das súas fillas.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Togores Paramés.
Xoves 1 (Santo):
· 18,00 h.: en Ortoño, Misa na Cea do Señor, polo Rvdo. D. Manuel Campos Varela. Ó seu remate: Adoración en silencio ó Santísimo no Monumento ata as 20,30 h.
Venres 2 (Santo):
· 11,00 h.: en Ortoño, Adoración ó Santísimo no Monumento.
· 12,00 h.: en Ortoño, Vía Crucis meditado.
· 18,00 h.: en Ortoño, Celebración da Paixón do Señor.
Sábado 3 (De Gloria):
· 22,00 h.: en Ortoño, Vixilia Pascual.
Domingo 4 (Domingo de Resurrección):
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, Misa Solemne de Pascua, pola Parroquia.
· 13,00 h.: en Ortoño, Bautismos comunitarios.

Confesións

O martes 30, na igrexa parroquial, ás sete da tarde haberá a preparación para as confesións dos mozos que se van confirmar na Pascua (2ª quenda). Virán sacerdotes da comarca para confesar e, durante a Misa, tamén estarán a disposición dos maiores que queiran aproveitar a ocasión.

Horario das Misas

Como é costume, logo do cambio oficial,de hora, as Misas pasan a celebrarse segundo este horario: De luns a sábado: sete e media na igrexa parroquial e oito e media da tarde na capela da Peregrina. Domingos: en Ortoño a primeira ás nove da mañá e a segunda ás doce e cuarto; en Bertamiráns: ás once.

Defunción

O 20 de marzo subiu ó Ceo o neno David Zarauza Villaverde, ós 8 meses de idade. Recibiu sepultura no camposanto parroquial ó día seguinte. Descanse en paz.

Proclamas

Desexan contraer matrimonio canónico Alberto Yáñez Brea con Irene María Coiradas Castro, veciños da nosa parroquia na Urbanización Agra do Muíño.

Cáritas

A colecta das misas do Día de Pascua, serán destinadas para as actividades da nosa Cáritas Parroquial.

No hay comentarios: