jueves, 18 de marzo de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro 117"

Intencións das Misas

Luns 22:
· 18,00 h.: en Ortoño, polos defuntos e obrigacións de Josefina Capeáns.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Minia Liñares Capeáns e Prudencio Currais Vidal.
Martes 23:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, á Virxe de Fátima, int. dunha devota.
Mércores 24:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Mercedes Pazos Antelo.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, a San Antonio, int. dunha devota.
Xoves 25:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, polas Ánimas e os defuntos dos presentes.
Venres 26:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Carmen Rial Álvarez e esposo.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Dolores Brandón Noya.
Sábado 27:
· 17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Ortoño, por José Mouriño Bello; a San Antonio e a San Xosé, int. dunha devota; por Victoria Vilacoba Seco; por Dolores Brandón Noya.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina, int. de Antonio e Obdulia; por Josefa Mato (aniversario) e Pedro Botrán.
Domingo 28 (Domingo de Ramos):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Manuela Jallas Nieto.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Enma Menéndez, Vda. de Albino Maroñas García, finada recentemente en Venezuela, a int. de Dolores Maroñas.

Defunción

O pasado martes 16, recibiu sepultura no camposanto parroquial, o veciño de A Condomiña, Mario Montero Alonso, finado o día anterior ós 54 anos de idade. Descanse en paz.

Cabodano

O sábado 27, ás 5 da tarde na igrexa parroquial, celebrarase o funeral de primeiro aniversario por Concepción Veiga Arca.

Cambio de hora

Na noite do sábado 26 ó domingo 27 de marzo o reloxo adiantarase unha hora comezando así o horario de verán. A partir de entón, como é xa costume, tamén se cambiarán as horas das misas: sete e media na parroquial, oito e media na capela da Peregrina.

Confesións

O venres 26, na capela da Peregrina, ás seis da tarde haberá a preparación para as confesións dos mozos que se van confirmar na Pascua. Ás seis e media virán sacerdotes da comarca para confesar e, ó longo da Misa de Bertamiráns, tamén estarán a disposición dos maiores que queiran aproveitar a ocasión.

Reunión de catequistas

O venres 26, ás oito da tarde, na Casa Rectoral, xuntanza dos catequistas da Parroquia para programar o terceiro -e último- trimestre do curso catequético.

Imaxe da Virxe do Rosario

Unha vez restaurada a de San Antón Abade, procedemos ó amaño da imaxe da Virxe do Rosario. Os devotos que queiran colaborar poden entregar donativos ó Sr. Cura. Agradécense os xa recibidos.

Proclamas

Queren contraer matrimonio canónico: José Manuel García Ferreiro, veciño de Bertamiráns, con Sofía Vázquez Soneira veciña de Camelle-Camariñas.

No hay comentarios: