jueves, 11 de marzo de 2010

Boletín Parroquial, "O Sineiro" nº 116

Intencións das Misas

Luns 15:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuel Vilas Gómez.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, polos defuntos da familia Togores Paramés.
Martes 16:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Marcelo Signorini e Bernarda García.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Josefa Seco Vilacoba.
Mércores 17 (San Patricio):
· 18,00 h.: en Ortoño, polos defuntos da familia Bárcena González.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Vicente Castro Chaves e fillo.
Xoves 18:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Coralia López Castiñeiras, esposo Dámaso e máis defuntos da familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por José González Patiño.
Venres 19 (San Xosé):
· 9,00 h.: en Ortoño, por José Ameneiro e Amalia Arceo.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, por María Argimira Baliño Piñeiro, esposo e máis defuntos das súas familias.
Sábado 20:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Victoria Vilacoba Seco; ó Corazón de Xesús, int. da familia Balsa.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, por José Ulloa García e esposa Gumersinda Castro García; por Arturo Otero; por José Antelo Ferro; a Santa Lucía, int. de Dorinda Ferreiro Romarís.
Domingo 21 (V de Coresma):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, polo Reverendo Don Manuel Campos Varela.

Cáritas

A colecta do pasado primeiro fin de semana de mes ascendeu a 684,70.-€. ¡Moitas grazas!

Catequese da comunidade

Por mor da ponte festiva de San Xosé, non haberá catequese da comunidade neste fin de semana. Con tal motivo, a misa do sábado en Ortoño será ás seis da tarde.

Bieito XVI en Santiago

A Súa Santidade, o Papa Bieito XVI, visitará España os días 6 e 7 de santos deste 2010. Concretamente visitará como peregrino a catedral de Santiago para gaña-lo Xubileo Compostelán, e consagrará como catedral de Barcelona, a igrexa da Sagrada Familia deseñada polo arquitecto Antonio Gaudí. O Papa Ratzinger é un namorado do Camiño como símbolo das raíces cristiás de Europa e da nova expresión artística relixiosa plasmada por Gaudí. Na Carta Pastoral que o Arcebispo de Santiago publicou anunciando esta Visita, encomenda á Virxe Peregrina os froitos pastorais desta viaxe ¡Bendito o que ven no Nome do Señor!

Proclamas

Desexan contraer matrimonio canónico: Esteban Torre Mato con Natalia Lodeiro Cendón (ambos veciños da nosa Parroquia en Bertamiráns); César Machado Fernández (veciño de Bertamiráns) con Eva María Vidal Querentes (veciña de Os Ánxeles); Jorge Gómez Miramontes (veciño da nosa Parroquia) con Tara Stovie (veciña de Sar-Santiago).

Defunción

O 1 de marzo ós 88 anos de idade, finou a veciña de Cantalarrana, Manuela Jallas Nieto. Recibeu sepultura no camposanto de Villestro. Descanse en paz.

Vía Crucis

Ó coincidir este venres de Coresma coa festa de San Xosé, non se rezará o tradicional Vía Crucis.

No hay comentarios: