jueves, 21 de enero de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" nº 109

Intencións das Misas

Luns 25 (Conversión de San Paulo Apóstolo):
· 18,00 h.: en Ortoño, a San Antonio de Padua, int. dunha devota.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, ás Ánimas, int. do Sr. Cura.
Martes 26 (Santos Timoteo e Tito):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Manuel Varela.
Mércores 27 (San Enrique de Osó):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Victorina Castro Sardiña.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Carmen Piñeiro Dopazo.
Xoves 28 (Santo Tomé de Aquino):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Victorina Castro Sardiña.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por José María Máiz e defuntos da súa familia.
Venres 29 (San Pedro Nolasco):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Filomena Mourelle.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina e á Virxe dos Milagres, int. dunha devota.
Sábado 30:
· 12,00 h.: na Catedral de Santiago, Misa do Peregrino.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, por Josefa Martínez y Elisardo Caramés.
Domingo 31 (IV do Tempo Ordinario):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Jesusa Ons García.
· 12,15 h.: en Ortoño, por José Manuel Vilacoba, pais e irmáns.

Xuntanza de pais

O sábado 30, ás oito e cuarto da tarde, na igrexa parroquial, haberá unha xuntanza cos pais dos nenos que celebrarán a súa primeira comuñón ó longo deste curso.

Pescuda

O pasado sábado 19 de decembro o Sr. Cura de Covas bautizou na nosa igrexa a unha meniña de nome Carla. Á familia esquecéuselle deixar o formulario cos datos para a inscrición no Rexistro. Se algunha persoa pode dar información de quen se trata, por favor póñanse en contacto con esta Parroquia para proceder á correspondente inscrición.

Bautismos

Ingresaron na Igrexa católica polo sacramento do Bautismo, o sábado 16: Samuel Fernández Rial, e o domingo 17: Iker Pico Gómez. Ás súas familias os nosos parabéns.

Grupo de formación bíblica para adultos

Próxima xuntanza: mércores 27, ás cinco da tarde, na Casa Rectoral de Ortoño. Pode participar quen o desexe. Contido: As parábolas dos Evanxeos.

Cemiterio

Para público coñecemento anunciamos que, dende o próximo mes de febreiro, o mantemento dos espacios comúns do noso camposanto será desenvolvido por una empresa de limpezas xerais e xardinería. Estará encargada da limpeza dos pasillos, o rapado da herba campeira, o baleirado de contedores do lixo e a posta a punto do subministro de auga e electricidade. Evidentemente o coidado e adorno das lápidas e panteóns correrá a cargo de cada propietario.

Camiño de Santiago para mozos

A Delegación Diocesana de Pastoral Xuvenil organiza unha peregrinación para mozos e mozas de 13 a 15 anos de idade, recorrendo a pe o último tramo do Camiño Portugués (Porriño – Compostela) nos días das vacacións de Carnavais. Interesados en participar dean aviso na Parroquia.

No hay comentarios: