jueves, 7 de enero de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" nº 107

Intencións das Misas

Luns 11:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, a San Bieito, int. dunha devota.
Martes 12:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Celia Romarís Sebe, e máis defuntos da súa familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, ó Corazón de Xesús, int. dunha devota.
Mércores 13:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Celia Romarís Sebe e máis defuntos da súa familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, á Virxe do Pilar, a int. de Dorinda Romarís.
Xoves 14:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuel Vilas Gómez.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por América Abet Varela e esposo.
Venres 15:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Eduardo Balsa e fillo.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, polas irmáns Romarís García.
Sábado 16:
· 17,00 h.: en Ortoño, por María Dolores del Río Barco, a int. da súa coidadora; por Amalia Ameneiro Lata; por Esther García Castiñeiras.
· 18,00 h.: en Bertamiráns, catequese.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, por Genoveva Antiqueira Malvárez, a int. dunha amiga; á Virxe Peregrina, int. de Carmen García e familia; por Minia Liñares Capeáns; por María Castro Prieto, Balvanera Arufe Rodríguez e Daniel Cea Vázquez.
Domingo 17 (II do Tempo ordinario):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Mercedes Pazos Antelo.
· 12,15 h.: en Ortoño, polos defuntos de Lourdes Fernández Antelo.

Defunción

O pasado domingo 3 de xaneiro, recibiu sepultura no camposanto parroquial a señora Dolores Brandón Noya, finada o día anterior ós 89 anos de idade. Descanse en paz.

San Mauro de Barouta

Romaxe na súa capela da parroquia veciña de Ames o venres 15. Misas rezadas ás 9, 10, 11, e 12 da mañá, e as 6 da tarde. Misa Cantada ás 13 h. seguida de procesión.

Cáritas

Reunión do equipo de voluntarios o mércores 13 ás oito da tarde no seu local de Bertamiráns.

Catequese da comunidade

Logo das vacacións de Nadal, tornamos á actividade do curso catequético neste próximo fin de semana do 15 ó 17 de xaneiro.

No hay comentarios: