viernes, 1 de enero de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro 106"

Intencións das Misas

Luns 4:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Amalia Ameneiro Lata.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Marcial García Tejo e esposa.
Martes 5:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Lino Barbeito Vilas, esposa Dolores Reino Salaño e máis defuntos da súa familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por María Ada Carballeira Paz e esposo Benigno Fernández Prieto.
Mércores 6 (Epifanía do Señor):
· 9,00 h.: en Ortoño, por Manuel Abelleira Sánchez e o seu pai.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Esperanza Martínez Peña.
Xoves 7 (San Xulián):
· 18,00 h.: en Ortoño, á Virxe dos Milagres, a int. dunha devota.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Modesta Piñeiro e Ermitas Cancelo.
Venres 8 (San Severino):
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuel Capeáns Martínez e esposa.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Vicente Castro Chaves e o seu fillo.
Sábado 9 (San Euloxio):
· 17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Ortoño, por Concepción Veiga Arca e Mercedes Martínez Bustelo; por Manuel Mata Carril; por Castora Barreiro; por Vicente Framil e esposa; por Ramón Álvarez (Castiñeiras); por José Mouriño Bello; por Mercedes e Dolores del Río Barco e os seus pais; por Ramón Otero Rey, a int. da súa afillada.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, por Amalia Riaño; por María Castro Prieto; por Balvanera Arufe Rodríguez e Daniel Cea Vázquez; por Andrés López Carpente.
Domingo 10 (O Bautismo do Señor):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Carmen Fernández Vijoy.
· 12,15 h.: en Ortoño, por José Moscoso Barreiro e esposa.

Cabodano

O sábado 9 de xaneiro, ás cinco da tarde, celebrarase o funeral de primeiro aniversario da que foi veciña de O Pedregal, Ramona Mercedes Piñeiro Alamancos.

Escola de Catequistas

O venres día 8, ás oito da tarde, escola de catequistas para o arciprestado de A Maía na casa rectoral da parroquia de Os Ánxeles (Brión).

Convivencia de catequistas

As catequistas da nosa parroquia celebrarán a súa tradicional convivencia de Nadal, o venres 8 de xaneiro ás nove e cuarto da tarde, no restaurante “Tivolino” de Bertamiráns. Pregamos que as que non poidan participar dean aviso na Parroquia.

Estatística Parroquial 2009

No pasado ano recibiron o Bautismo 36 nenos e 31 nenas, (67 en total). Finaron 11 mulleres e 8 homes (19 en total). Tramitáronse dezaoito expedientes prematrimoniais, casando 9 parellas na parroquia e outras 9 fóra da mesma. Tamén recibiron o sacramento da Confirmación 26 mozos e a Primeira Comuñón 40 nenos e nenas en cinco quendas.

No hay comentarios: