Domingo, 4 de xuño de 2017
Atención ao cambio horario
11 h.: Non hai misa en Bertamiráns
12 h.: en Ortoño, Misa parroquial
Re-estreno
do púlpito do templo parroquial
co Sermón do Encontro con Cristo Resucitado
Púlpito da igrexa parroquial
A igrexa parroquial grazas a unha
doazón particular recupera o seu fermoso púlpito no cruceiro da mesma.
Trátase dunha obra realizada en
madeira de castaño e policromado por un maestro na materia. Caracterízase pola
súa sobriedade e fina elegancia que fai considerar ao asistentes ás
celebracións que a nosa parroquia é unha comunidade con raíces e con historia:
con lembranzas, algo tan importante para todos.
Lembranzas é o que o novo púlpito
proporciona á nosa igrexa parroquial devolvéndolle con él a súa primitiva
fermosura e facendo que os que chegan ata aquí se sintan de novo na Casa e para
os que non son de orixe de Ortoño esta obra contribuirá a que disfrutemos dun
templo mais completo que reforce a sensación de benestar que ofrece un bó
anfitrión cando recibe e acolle a calquera no seu fogar.
Igualmente resaltar que este lugar foi
espazo da comunicación oral entre o crego e os fregueses durante séculos, é
dicir, foi lugar do diálogo e do entendemento. O lugar desde o que desde antigo
resonou con forza no corazón dos crentes a Palabra de Deus e desde donde os
oíntes facían silencio deixándolle falar a Él (Cf. Papa Francisco, A ledicia do Evanxeo, n. 143).
No hay comentarios:
Publicar un comentario