Queridos veciños e amigos:
O 24 de abril de 2017 comezou
a reparación do pavimento de acceso á igrexa parroquial de Ortoño.
Este espazo
necesitaba dunha intervención para a súa mellor conservación e tamén dignidade
para o uso que dende fai séculos ven prestando a esta freguesía.
Como saben os
veciños o adro de Ortoño foi cemiterio parroquial ata finais da década de 1950.
Desde aquela as lousas foron repisando ata o punto de que na actualidade non
ofrecían a seguridade e presentación idónea.
Esta é a causa
de que oído o parecer de moitos veciños se iniciasen as solicitudes pertinentes
para a obtención das licencias necesarias para levar a cabo a devandita
rehabilitación do adro parroquial.
Desde o pasado
28 de marzo contamos coas licencias pertinentes (arcebispado, concello,
dirección xeral de patrimonio e tamén da sección de aqueoloxía do servizo de
patrimonio cultural da Xunta de Galicia).
No cadro que
vén a continuación pode lerse un breve resumo do gasto total desta intervención.
Calquer fregués pode acercarse ao Párroco para facer
as consultas
que desexe sobre este asunto.
Informe de
presuposto:
Concepto
|
Prezo
|
Proxecto do arquitecto, abonado polo Concello de
Ames
|
descoñecido
|
Tasas licenza municipal
|
64,57 €
|
Proxecto de control e seguimento arqueolóxico
|
1.134,37€
|
Empresa constructora
|
10.030,21€
|
TOTAL
|
11.229,15€
|
Para poder
executar esta intervención; faise necesaria a boa vontade de todos os veciños
que xenerosamente fagan achegas económicas para este fin.
Poden entregarse
directamente ao Párroco na sacristía, despacho parroquial ou ingresalas na
conta da que é titular a Parroquia de A Banca
Emitirase a quen o desexe un certificado do donativo realizado para poder
desgravar ante Facenda (ao abeiro da Lei 49/2002 de 23 de decembro, do réxime
fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao
mecenazgo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario