lunes, 22 de mayo de 2017

Obras atrio parroquial

O 24 de abril de 2017 comezou a reparación do pavimento de acceso á igrexa parroquial de Ortoño.
Este espazo necesitaba dunha intervención para a súa mellor conservación e tamén dignidade para o uso que dende fai séculos ven prestando a esta freguesía.

Desde o pasado 28 de marzo contamos con todas as licencias pertinentes (arcebispado, concello, dirección xeral de patrimonio e tamén da sección de aqueoloxía do servizo de patrimonio cultural da Xunta de Galicia).

No cadro que vén a continuación pode lerse un breve resumo do gasto total desta intervención. Calquer fregués pode acercarse o Párroco para facer as consultas que desexe sobre este asunto.

Informe de presuposto:

Concepto
Prezo
Proxecto do arquitecto, abonado polo Concello de Ames
descoñecido
Tasas licenza municipal
64,57 €
Proxecto de control e seguimento arqueolóxico
1.134,37€
Empresa constructora
10.030,21€
TOTAL
11.229,15€

Para poder executar esta intervención; faise necesaria a boa vontade de todos os veciños que xenerosamente fagan achegas económicas para este fin.


A xoves 18 de maio –no momento de publicar este Boletín- a cantidade total de donativos para este fin é de 8.340 €.

Poden entregarse directamente ao Párroco na sacristía, despacho parroquial ou ingresalas na conta da que é titular a Parroquia de A Banca 

ES52 2080 0317 7830 4001 1746


Emitirase a quen o desexe un certificado do donativo realizado para poder desgravar ante Facenda (ao abeiro da Lei 49/2002 de 23 de decembro, do réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo). 

No hay comentarios: