jueves, 27 de junio de 2013

Festas de San Xoán (III)


Día de San Xoán
 
Ás 12.30 horas chegou a Ortoño o Excmo. Sr. Bispo de Ourense, D. Leonardo Lemos para presidir -coa anuencia do Sr. Arcebispo de Santiago- a Eucaristía solemne deste día. Despois de rezar diante do Santísimo Sacramento reservado no sagrario da igrexa saudou aos veciños que se atopaban alí nese momento e aos sacerdotes da comarca e outros lugares da diocese que se achegaron para compartir con nós a festa da natividade de San Xoán. Nunha fermosa e estimulante homilía glosou a beleza da nosa fe, a adhesión á Igrexa na persoa do Papa Francisco e a importancia do testimonio de cada crente. Ao rematar a procesión bendicíu o novo estandarte de san Xoán e agradeceu a invitación a presidir e compartir con nós esta festa en compañía dos que fumos os seus compañeiros e amigos no Colexio-Seminario Menor de Santiago.  A presencia dos vecinos e veciñas para honrar ao noso santo patrón San Xoán foi numerosa e contou tamén cunha representación das autoridade civís. Moitas gracias a todos.





No hay comentarios: