martes, 19 de abril de 2011

Vida Parroquial

CONFESIÓNS SEMANA SANTA
En Ortoño:
18.30-19.30 luns, martes (virá un sacerdote de fora) e mércores santo.
16-17.30 Xoves e Venres Santo (virá un sacerdote de fora).

En Bertamiráns:
ó rematar a Misa o luns, martes e mércores santo.



Ágape fraterno de Pascua

Terminada a Vixilia Pascual; como en anos anteriores, terá lugar un pequeno encontro festivo para compartir rosca e chocolate. Durante a Vixilia Pascual cantará o Coro Parroquial de Ames que logo amenizará tamén esta xuntanza.

Bautismos

O Domingo de Pascua con gran alegría bautizaremos na misa maior a catro nenos. Parabéns ás súas familias! Terán o privilexio de re-estrear solemnemente a Pila Bautismal de Ortoño. Nesta foto-montaxe pódese apreciar a imaxe dun relevo en madeira do Bautismo de Xesús co noso santo padroeiro O Bautista, co que soño poidamos un día enriquecer o baptisterio actual.



Foto-montaxe de ordenador


Confirmación

A data da Confirmación este ano foi fixada polo Arcebispado para o día 5 de xuño ás 12,15 horas na igrexa de Ortoño. Sin embargo; pode sufrir algunha variación. Os mozos que se están a preparar no segundo ano da Catequese de Confirmación e que non foron bautizados en Ortoño deben presentar un Certificado orixinal de Bautismo á súa Catequista. Os adultos que desexen recibir a Confirmación nesta data poden solicitalo antes do 10 de maio.

Misa do Domingo 1 de maio

O día 1 de maio non haberá misa de 9 da mañá e a de 12.15 adiántase ás 12 horas.
ATENCIÓN: as persoas que soen asistir neste horario teñan en conta este cambio.

Cáritas Parroquial

A colecta das misas do 30 de abril e 1 de maio será para a nosa Caritas Parroquial.


Misa de Acción de Gracias



O Venres 6 de maio ás 19.30 horas en Ortoño a misa será ó Beato Xoan Paulo II.

Obras na Capela de Lapido

A cantidade recadada ata o mércores 13 de abril ascende a 10.030 €. Moitas gracias a todos pola vosa xenerosidade e entusiasmo neste proxecto. Esperamos cubrir con algúns donativos últimos as necesidades non previstas con anterioridade. Nestas fotos vai unha lembranza do seu estado anterior para a historia e un avance das obras.






Arranxos

No último trimestre cambiáronse tódalas bombillas da igrexa parroquial (un total de 54 coas da sacristía) por unhas novas de baixo consumo estéticamente axeitadas para o templo. Adaptouse un novo espazo para o baptisterio e adaptaráse na súa anterior ubicación un novo confesionario (o que había tivo que ser retirado polo seu avanzado deterioro, conservándose na actualidade na casa rectoral en previsión da súa restauración). Dourouse e prateouse a custodia antiga da parroquia, o cáliz de diario (ano 1836), a caixa metálica da chave do sagrario e a caixa para gardar as formas antes de seren consagradas. A Cofradía da Peregrina tamén dourou e prateou un cáliz que xa empezamos a usar. Recibíuse a doación anónima dun coxín para o misal, unha palia, un corporal e varios purificadores e o arranxo dunha palia antiga.




Alfombra floral para o día do Santísimo

Un grupo de persoas están xa a traballar para que o 25 de xunio; festividade do Corpus Christi en Ortoño, a procesión co Santísimo poida facerse sobre unha alfombra floral. Iniciativa que non podo deixar de agradecer. É unha novidade para a que fará falta a cooperación de bastantes persoas, preparando os materiais, cortando pétalos e verdes, debuxando, colocando…etc. Invito a anotarse na sacristía a todos –homes e mulleres- cantos xenerosamente poidan botar unha man neste proxecto.




No hay comentarios: