sábado, 5 de febrero de 2011

Boletín Parroquial "O Sineiro", n. 158

Intencións das Misas


Luns 7:

• 18 h.: en Ortoño, por los difuntos de la familia Bárcena González.

• 19 h: en Bertamiráns, por Manuel Estévez Gronzo.

Martes 8:

• 18 h.: en Ortoño, polas ánimas do Purgatorio e polos defuntos de María Vilacoba.

• 19 h: en Bertamiráns, por Margarida Da Silva.

Mércores 9:

• 18 h.: en Ortoño, por Antonio Sánchez Baliñas.

• 19 h: en Bertamiráns, por Manuel Estévez Gronzo.

Xoves 10: Santa Escolástica.

• 18 h.: en Ortoño, polo Rvdo. D. Manuel Campos Varela e por Agustín Chamorro Marcos.

• 19 h: en Bertamiráns, por José García Barreiro.

Venres 11: Virgen de Lourdes. Día do Enfermo.

• 18 h.: en Ortoño, por Manuel Vilas Gómez.

• 19 h: en Bertamiráns, por Manuel Arca e Encarnación Antelo.



Sábado 12:

• 17 h.: en Ortoño, 1º Aniversario de Javier González Romarís.

• 18 h.: CATEQUESIS BERTAMIRÁNS.

• 19,30 h.: en Bertamiráns, por María Gloria Maneiro e Ramón Pampín.



Domingo 13 de FEBREIRO:

• 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.

• 11,00 h.: en Bertamiráns, por Perfecto Capeáns Garabán, cofrade defunto da Peregrina.

• 11,30 h.: CATEQUESIS ORTOÑO.

• 12,15 h.: en Ortoño, por Carmen Abelleira Patrón.


Festa da Candelaria

O pasado 2 de febreiro, celebramos a Festa da Candelaria; que contou cunha numerosa presencia de persoas tanto na igrexa parroquial coma na capela de Bertamiráns.

Giotto, Presentación del Niño Jesús en el Templo,
1304-06, Capilla Scrovegni de Padua (Italia).


Del mismo modo que la Virgen Madre de Dios tomó en sus brazos la luz verdadera y la comunicó a los que yacían en tinieblas, así también nosotros, iluminados por él y llevando en nuestras manos una luz visible para todos, apresurémonos a salir al encuentro de Aquél que es la luz verdadera.

                                                 San Sofronio (tomado del Oficio de lecturas de este día)



Proclamas matrimoniais

Queren contraer matrimonio no 2011 Inés Ferrol Lois de Negreira pero veciña da nosa parroquia no lugar de Bertamiráns con Jesús Sinde Cantorna natural e veciño de Corneira-Negreira (3ª proclama).



Colecta de Cáritas



A colecta das misas da fin de semana do 5-6 de febreiro; por ser primeiro fin de semana de mes será destinada á nosa Caritas Parroquial. ¡Moitas gracias pola vosa xenerosidade!



Exposición fotográfica: Visita de Bieito XVI


Ata o 28 de febreiro en San Martiño Pinario (Santiago) no salón Peregrinos permanece aberta unha mostra fotográfica da Peregrinación do Papa a Santiago o pasado 6 de novembro de 2010 coas instantáneas tomadas polo fotógrafo oficial do Vaticano. Ademáis das fotografías exhibense outras cousas como a casulla utilizada por Bieito XVI na Eucaristía, o cáliz que regalou á Diocese…etc.

Horario: de luns a venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 20.30 horas.

Recordatorio: CAPELA DE LAPIDO



O domingo 6 de febreiro, teremos unha reunión para todos cantos queiran asistir na Capela da Mercé
de Lapido para ver de proceder á súa restauración. Será ás 17 horas.

No hay comentarios: