viernes, 21 de mayo de 2010

Boletín Parroquial: "O Sineiro" nº 126

Intencións das Misas

Luns 24 (María Auxiliadora):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Mercedes Pazos Antelo.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Moisés Pena, esposa Dolores Seijas e Manuel Varela.
Martes 25:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Celia Romarís Sebe e máis defuntos da familia.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Manuel Lamas Insua e o seu fillo Carlos Iglesias Lamas.
Mércores 26:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Agustín Salaño Vilanova.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por José Castro Casal e o seu pai.
Xoves 27 (Xesús Cristo, Sumo e eterno sacerdote):
· 19,30 h.: en Ortoño, por Javier González Romarís.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, á Virxe Peregrina, int. dunha devota.
Venres 28:
· 19,30 h.: en Ortoño, polos defuntos de Dolores Manteiga e José Arufe.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, polos defuntos e obrigacións de Felisa Pena Freire.
Sábado 29:
· 19,30 h.: en Ortoño, por Santiago Ferro Capeáns e esposa (4º aniversario); por Castora Nieto Ortiz; por José Vázquez Otero.
· 20,30 h.: en Bertamiráns, por Antonio Arturo González Rivas (aniversario de seis meses); á Virxe Peregrina, int. de Manuel e Vicente; a San Pancracio, int. de Dolores Puga.
Domingo 30 (Santísima Trindade):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, por Castora Nieto Ortiz.
· 12,30 h.: en Ortoño, Misa de Primeiras Comuñóns, a int. da Asociación “Fillas de María”.

Bautismos

Ingresou na Igrexa católica e na nosa comunidade parroquial, o sábado 15: Celtia Neira Mella. O domingo 16: Cynthia Santiago García e os imáns Oliver e Isaac Rodríguez Freire. Ás súas familias ¡Parabéns!

Mes do Rosario

Rezarémo-lo Santo Rosario comunitariamente en Ortoño tódolos días antes da misa da tarde.

Primeiras Comuñóns

Iniciamos esta semana a preparación intensiva dos nenos que a farán no vindeiro domingo conforme a este programa: De luns a mércores, ás seis e media da tarde, na Casa Rectoral catequese; o xoves -tamén ás seis e media- celebración do sacramento da Penitencia na igrexa parroquial. Virán sacerdotes da contorna para dar facilidades a nenos e maiores. O venres, sempre ás seis e media, ensaio xeral da cerimonia.

Horario da 3ª Misa do domingo

Por mor da celebración da primeira quenda de primeiras comuñóns, a terceira misa do domingo retárdase un cuarto de hora. En vez de comezar ás doce e cuarto, comezará ás doce e media.

Proclamas

Queren contraer matrimonio canónico: Marcos López Benavides, natural de Vigo, con Silvia Míguez Calvo, natural de Conxo - Santiago; ámbolos dous veciños da nosa Parroquia en Bertamiráns.

Camposanto de Os Ánxeles

Na veciña parroquia de Os Ánxeles (Brión), estase a ampliar o seu camposanto e a construír panteóns aéreos de tres ocos. Os interesados en adquirir o usufructo dun deles poden poñerse en contacto con Don Gonzalo, Párroco daquela igrexa, pois a súa adquisición non está restrinxida.

No hay comentarios: