jueves, 12 de noviembre de 2009

Semana do 16 ó 22 de novembro de 2009

Intencións das Misas

Luns 16:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Josefa Quintáns Salaño, a int.. do seu fillo José López Quintáns.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Jesús Rodríguez Suárez, esposa e defuntos da familia.
Martes 17:
· 18,00 h.: en Ortoño, polos defuntos da familia Crespo Mariño.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Vicente Castro Chaves.
Mércores 18:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Manuel Ferro Fernández e esposa.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Edelmira Méndez Oro.
Xoves 19:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Lino Barbeito Vilas, esposa Dolores Reino Salaño e máis defuntos da familia.
· 19,00 h.: en Bertamiráns, por Carmen e Manuel Gato Lago.
Venres 20:
· 18,00 h.: en Ortoño, por Pilar Tembra Gómez
· 19,00 h.: en Bertamiráns, polos defuntos e obrigacións de Castora Iglesias.
Sábado 21:
· 12,30 h.: en Lapido: Vodas de Ouro.
· 17,00 h.: en Ortoño, Funeral.
· 18,00 h.: en Bertamiráns, Catequese.
· 19,30 h.: en Bertamiráns, por Ramón Ferreiro Sánchez e máis defuntos da súa esposa; por Lucio Barral Moledo; polos defuntos da familia Silva Camafeita; por Carmen Piñeiro Dopazo, a int. dos seus pais; por María Camafeita Rodríguez; por Carmen Arcos, Emiliano Baquedano e mais defuntos da súa familia; á Ánimas, int. de Rita Blázquez; por Juan José Cáceres, Manuel Rodríguez e Manuel Grela; polos defuntos de Marcial Castro Guerra e esposa Susa Castelao.
Domingo 22 (Cristo Rei):
· 9,00 h.: en Ortoño, pola Parroquia.
· 11,00 h.: en Bertamiráns, polos confrades defuntos da Peregrina.
· 12,15 h.: en Ortoño, por Dolores Seijas e a súa nai.


Cabodano
O sábado 21 ás cinco da tarde, na igrexa parroquial, celebrarse o funeral de primeiro aniversario polo eterno descanso de Coralia López Castiñeiras.

Cáritas
Xuntanza xeral do voluntariado o mércores 18 ás oito da tarde no local da rúa Azcárraga 4, baixo.

Matrimonio
O pasado sábado 7 de novembro xunguiron as súas vidas polo sacramento do matrimonio Ángel Tames Andul e Pilar Castro Puga. Desexámoslle moita felicidade.

Profesores de Relixión
Xuntanza dos docentes de zona o venres día 20 ás sete e media da tarde, na Casa Rectoral.

Grupo de formación bíblica para adultos
Comezamos unha nova andaina do grupo de formación bíblica para adultos. O curso pasado traballamos as cartas de San Paulo neste curso o contido serán as Parábolas evanxélicas. Próxima xuntanza: mércores 25, ás cinco da tarde na Casa Rectoral de Ortoño. Pode participar quen o desexe.

Día da Igrexa Diocesana
Celébrase ó longo da segunda quincena deste mes de novembro. Trátase dunha xornada na que se nos invita a compartir a nosa corresponsabilidade na autofinanciación da Igrexa. Unha achega valiosísima consiste en marcar cunha X a casiña correspondente ó IRPF destinada á Igrexa católica, no momento da Declaración da Renda.

Defunción
O pasado xoves día 12 recibiu sepultura no camposanto parroquial Juan Lodeiro Pardal, finado o día anterior ós 66 anos de idade. Descanse en paz.

No hay comentarios: